Os 500 anos da sobreira de Balboa non poden acabar nunha fogueira

O pasado mes de decembro o temporal “Fabien” derrubou a sobreira de Balboa, en Arnois, que levaba en pé máis de 500 anos. A día de hoxe esta árbore centenaria e un dos símbolos máis senlleiros do noso concello alí sigue, sen que o goberno municipal tomara cartas no asunto.

Desde o BNG cremos que unha árbore con este porte tan excepcional e 500 anos de vida non poden rematar nunha fogueira, temos e debemos de darlle unha segunda vida colocándoo os seus restos nun lugar visíbel e destacado do noso concello, para que o seu legado e a súa historia quede para sempre na nosa memoria colectiva.

Neste sentido o BNG levará ao vindeiro pleno, a través da concelleira nacionalista, Susana Camba, unha iniciativa para que o goberno municipal abra un concurso de ideas entre os veciños e veciñas para darlle unha segunda vida a esta extraordinaria sobreira de Balboa. Como dixemos, 500 anos non poden acabar nunha lareira, e tanto en Galiza como fóra do noso país existen árbores centenarias semellantes que logo dunha longa vida seguen sendo motivo de orgullo para os seus veciños e veciñas en forma escultura. Isto acontece en Tomiño ou Alsasua por poñer exemplos de dous concellos que ante unha situación semellante souberon manter vivo o legado de árbores que formaban parte do patrimonio material de súa veciñanza.

Como dixemos, os exemplos de Alsasua e Tomiño, son iso, exemplos que poden servir de inspiración, mais entendemos que deben ser os nosos veciños e veciñas as que propoñan ideas para prolongar a vida da sobreira de Balboa como símbolo do noso concello.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta