O Concello e Sogama convocan charlas sobre compostaxe doméstica

A partir do luns 9 de marzo, o MOME acollerá unhas charlas formativas en materia de
compostaxe impartidas por técnicos de SOGAMA. As charlas, de carácter gratuíto,
prolongaranse os días 11,12 e 13 de marzo, contando cun máximo de 50 persoas por día.
Todos os interesados deberán reservar praza no teléfono de Alcaldía 986570030.

Estas charlas enmárcanse dentro da iniciativa de compostaxe doméstica emprendida polo
Concello, en colaboración con Sogama, coa que pretende acadar importantes beneficios
ambientais, económicos e sociais minorizando os desprazamentos da poboación rural aos
contedores de recollida selectiva. As vivendas acollidas a esta iniciativa de compostaxe
doméstica deben ser unifamiliares e dispoñer de terreo (horto, xardín ou terras de cultivo)
no que aplicar o abono resultante.

Todos os participantes na charla serán obsequiados ao remate da charla cun manual
didáctico de apoio que lles servirá para aclarar as posibles dúbidas.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta