O PSOE PROPÓN A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS E LUVAS AOS VECIÑOS E VECIÑAS PARA COMBATER A COVID-19

O PSOE propón a distribución de máscaras e luvas para os
veciños e veciñas. López Bueno opina que “é necesario facilitarlle a todo o
mundo o acceso a estas medidas de protección, especialmente aos grupos
de risco. Son medidas de protección para as persoas, evitan os contaxios e
ademais o seu uso non está contraindicado para combater o virus”.
O líder dos socialistas recorda que “concellos con menos capacidade
financeira e operativa foron capaces de proverse de medios para todos os
veciños e veciñas. A Estrada debería estar nese grupo. É necesario atopar
un provedor e deseñar o método de reparto de material. Sería ideal colocar
puntos de aprovisionamento nos negocios que continúan con atención ao
público, como supermercados, ultramarinos, estancos…”.
O voceiro socialista indicou que “será necesaria a opinión de Juan Sánchez e
do seu equipo, que están máis capacitados que calquera para informar
sobre esta medida. Debe existir unha coordinación entre o Centro de Saúde
e o Concello, pero está claro que neste momento debe pesar máis o criterio
dos sanitarios”.
Tamén aproveitou para louvar a xestión da pandemia que se está a facer
dende o Centro de Saúde da Estrada “a nosa situación inicial era
complicada, de feito somos o concello da comarca máis afectado pola
covid-19. As valoracións de Juan Sánchez prevían unha situación moito
máis dramática se non se cumpría co confinamento; pero sempre que os
datos non cambien, semella que se está a controlar a enfermidade.
Evidentemente é froito do seguimento que se fai dende o Centro Médico e
do traballo dos profesionais sanitarios. Ademais, hai que agradecer a
información que se dá dende o propio Centro de Saúde, é un exercicio de
transparencia que axuda a que os veciños e veciñas sigamos cumprindo”.
Outra medida que propoñen os socialistas é mellorar as tarefas de
desinfección: “pensamos que utilizar o tractor e a pulverizadora polas rúas
está ben, pero tamén cremos que se deberían desinfectar manualmente os
elementos do mobiliario urbano”. O voceiro socialista indicou que “convén
atenderlle máis aos elementos que son susceptibles de tocarse coa man, aí
é onde hai un risco máis evidente de contaxio”.
López Bueno fixo fincapé en “solicitar a opinión profesional dos sanitarios
para actuar conforme ao seu criterio” e recordou que “en calquera caso,
debemos atender as indicacións que se fan dende o Centro de Saúde e
______________________________________________________________________

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta