O FONDO DE COOPERACIÓN LOCAL DA XUNTA LEVA REPARTIDO NO QUE VAI DE ANO ENTRE OS CONCELLOS DAS COMARCAS DO DEZA E TABEIRÓS ALGO MÁIS DE 1,23 MILLÓNS DE EUROS PARA INXECTARLLES LIQUIDEZ


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Cores Tourís, informou hoxe que a Xunta de Galicia ven de ingresar aos concellos
das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes a partida do mes de marzo e a
liquidación de 2018 do Fondo de Cooperación Local (FCL) para contribuír na dotación de
liquidez ás facendas locais. Así, o Goberno galego no que vai de ano entregou algo máis de
1,23 millóns de euros a estes oito concellos que poden destinar a loitar contra o coronavirus,
xa que son fondos non finalistas que respectan a autonomía dos concellos.
José Manuel Cores Tourís, subliñou o esforzo que fixo o Executivo autonómico, na liña de
apoio aos concellos, para ademais de facer efectivo o ingreso do mes de marzo, axilizar a
liquidación correspondente a 2018 para que os gobernos locais poidan ter máis recursos
económicos e así facer fronte á crise orixinada polo Covid-19. O delegado territorial engadiu
que “neste momento, máis que nunca, é necesario a colaboración institucional e cooperar
coas administracións municipais”.
Nos 47 concellos da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra a liquidación de 2018 do
FCL, un remanente a maiores do que se lle pagou mensualmente ese ano, ascende a máis
de 1,37 millóns de euros, que coincide coa cantidade que corresponde ao mes de marzo de
2020.
En total no que vai de ano, ao abeiro do Fondo de Cooperación Local, aos concellos da
Delegación da Xunta de Pontevedra correspondéronlles algo máis de 6 millóns de euros.
Estas achegas autonómicas repártense entre todos os concellos galegos seguindo uns
criterios obxectivos pactados coa Federación Galega de Municipios e Provincias, entre eles
o número de habitantes, persoas maiores de 65 anos, superficie da localidade e a cantidade
de núcleos de poboación.

 

CONCELLOS
COMARCA

LIQUIDACIÓN
2018

TRANSFERENCIA
1º TRIMESTRE 2020TOTAL

Dozón12.724,41 €41.053,50 €53.777,91 €
Agolada23.414,29 €62.010,75 €85.425,04 €
Lalín53.258,57 €280.438,50 €333.697,07 €
Rodeiro23.258,57 €61.302,51 €84.561,08 €
Silleda38.482,11 €95.124,75 €133.606,86 €
Vila de Cruces35.141,19 €88.736,01 €123.877,20 €
A Estrada50.836,75 €268.647,51 €319.484,26 €
Forcarei26.011,66 €69.974,75 €95.986,41 €
TOTAL263.127,55 €967.288,28 €1.230.415,83 €

José Manuel Cores Tourís apuntou que os investimentos non están condicionados xa que se
tratan de fondos non finalistas e respectan a autonomía municipal polo que os alcaldes
poden destinar estas partidas a aquilo que consideren máis necesario e urxente.
Neste sentido, o delegado territorial subliñou que o Goberno galego decidiu priorizar o
pagamento destas axudas “nun momento no que os concellos necesitan máis liquidez para
poder asumir todos os gastos extraordinarios que implica a atención e a seguridade dos
seus veciños pola crise do coronavirus”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta