As beirarrúas do concello da Estrada serán de sentido único para evitar o contacto entre persoas e impedir así a propagación da Covid-19. Así o anunciou o alcalde, José López, que indicou que esta medida tomarase cando se permita saír á poboación á rúa.
Así mesmo, o rexedor indicou que se pechará ao tráfico a Travesía de Rosalía de Castro desde o venres ata o próximo xoves para facilitar a realización dos 500 test de coronavirus que chegarán á capital de Tabeirós-Terra de Montes.
Por outra banda, López sinalou que o Concello ten 8.000 mascarillas que pon a disposición dos cidadáns que as precisen e anuncia que comprará máis do dobre. O Goberno local está adquirindo tamén mascarillas especiais para nenos e nenas.







































