O PSOE REXISTRA UNHA BATERÍA DE PROPOSTAS PARA COMBATER A CRISE ECONÓMICA E SOCIAL DA COVID-19

O PSOE rexistrou unha batería de propostas para combater os
efectos económicos e sociais da covid-19. López Bueno afirma que “as
forzas políticas debemos traballar cos representantes sociais para deseñar
medidas que nos permitan saír o máis fortes posible desta situación”.
Os socialistas propoñen a creación dunha mesa de traballo para acordar un
plan estratéxico, “esa mesa debe ser áxil e contar con representantes do
Goberno, das forzas políticas, comerciantes, empresarios e outros
representantes sociais. A finalidade é traballar sobre as propostas de cada
grupo para chegar a un plan definitivo. Abondaría con 2 ou 3 xuntanzas
porque non debe convertirse nun órgano ineficaz”.
O Grupo Municipal socialista propón medidas de promoción económica,
fiscais, sociais e sanitarias. O voceiro afirma que “facer propostas é a única
maneira de comezar a traballar, como os vales de compra para o comercio,
a posta a disposición de mascarillas e luvas… algunhas xa están a aplicarse,
pero non da maneira que nos gustaría”.
En promoción económica os socialistas propoñen a creación dun sistema de
avais públicos a préstamos que soliciten os comerciantes ou empresarios.
López Bueno considera que “o apoio da capacidade financeira do Concello
permitirá que o noso tecido produtivo poida acceder a endebedamento en
mellores condicións” e afirma que “dese xeito será máis sinxelo que as
empresas retomen a actividade”. O voceiro non pecha a porta a “artellar un
sistema de microcréditos ou axudas a fondo perdido, pero débese avaliar a
dispoñibilidade orzamentaria para ver se son operativos ou non”.
O comercio é un dos sectores máis danados pola crise e os socialistas
propoñen a organización dunha feira outlet para “favorecer que os
comerciantes se desfagan do stock que adquiriron para esta temporada e
que perderá valor a medida que pase o tempo”. A feira sería organizada
polo Concello, que correría con todos os gastos, e a asistencia sería gratuíta
para o comercio local.
Os socialistas recordan que xa propuxeron medidas económicas como a
creación de vales para o consumo no comercio local que pretenden a
mobilización de 500.000 euros e un sistema de anticipo dos créditos ICO.
No ámbito fiscal, López Bueno pretende flexibilizar os pagos e favorecer a
actividade económica aínda que recoñece que “as normas fiscais deixan
poucas opcións de tomar medidas máis agresivas”. Entre as medidas
propostas polos socialistas está o atraso do período voluntario de pago no

Prolongación da R/ Castelao 16, baixo
IBI e no IVTM, rebaixas nas cotas de IVTM para tractores e camións e a
exención da Taxa de ocupación da vía pública para bares, restaurantes e
establecementos de carácter análogo no exercicio 2021.
Os socialistas pídenlle ao goberno “sensibilidade” coa ocupación das
terrazas durante a desescalada, xa que hai que garantir as condicións de
distanciamento social e previr as aglomeracións de persoas.
No ámbito social o PSOE propón a creación dunha liña de axudas a fondo
perdido para unidades familiares sen ingresos, e propoñen a utilización da
partida de emerxencias que figura no orzamento prorrogado.
Tamén propoñen un complemento da prestación a traballadores afectados
por ERTE cuxos ingresos por calquera concepto non cheguen ao SMI. O
complemento viría determinado pola situación persoal e familiar do
solicitante.
Ademais os socialistas solicitan un reforzo das partidas orzamentarias
destinadas a Servizos Sociais porque prevén “un aumento das persoas que
precisarán atención social” así como facilitarlle tarxetas de datos aos
estudantes que carezan de conexión a internet. López Bueno indica que “se
é posible tamén se deberían facilitar equipos, porque a Xunta de Galicia só
enviou tres por cada centro de ensino”.
Os socialistas propoñen medidas de carácter sanitario para garantir a
seguridade. Propoñen a instalación de puntos de desinfección nos inmobles
municipais e outros lugares nos que se considere de interese, e tamén
consideran necesario “poñer a disposición de comerciantes e empresarios
puntos de desinfección e outros materiais como mamparas”.
Para o voceiro é “fundamental a coordinación co Centro de Saúde para levar
a cabo accións conxuntas que consideren os profesionais sanitarios”.
López Bueno lamenta que “a falta dun orzamento municipal para 2020
limita moito a capacidade para implantar medidas concretas, porque hai
que atoparlle encaixe no orzamento de 2019. Solicitamos un informe para
valorar que partidas do orzamento prorrogado poden acoller as propostas
que formulamos e así valorar máis en detalle ata onde podemos chegar a
nivel económico”

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta