O PSOE desminte a López Campos e critican que “intente
confundir aos veciños e veciñas”. López Bueno considera que “dicir que se
van mobilizar 4 millóns de euros é unha mentira sen precedentes nas
declaracións do alcalde”.
O voceiro socialista analiza as verbas do rexedor municipal e conclúe que
“dos 4 millóns de euros que di que porá sobre a mesa, 3,5 xa estaban
contemplados dunha maneira ou doutra e non van a cambiar de destino”.
Continúa explicando que “1,5 millóns correspóndenlle ao Plan Concellos da
Deputación de Pontevedra, ían estar aí houbera crise ou non. Ademais, as
modificacións previstas non se levarán a investimento, irán a gasto
improdutivo”. Tamén revisa outros apartados como os fondos EDUSI, “a
maior parte dos fondos europeos vanse executar en obras da Praza da Feira
e Sendas Fluviais e Forestais. Cuestión distinta é que unha parte doutras
actuacións se modifiquen para adaptalas á nova situación, pero as grandes
obras previstas son as mesmas antes e despois da crise do Coronavirus”.
O socialista tamén considera que “poñerlle un destino distinto a partidas
que non se van a executar -como as destinadas para as festas do salmón e
outros eventos que se cancelaron- ten todo o sentido, pero computalo como
mobilización é unha falacia, xa que eses cartos se ían a gastar igualmente”.
Así, López Bueno conclúe que “a mobilización propiamente dita será como
moito de 500.000 euros” e acusa ao alcalde de “levar meses de retraso no
deseño de medidas económicas e sociais. Non están á altura do talante
colaborador do resto de forzas políticas”.
Afirma que “de momento a única proposta con medidas concretas é a que
presentamos dende o PSOE”. O voceiro revela que “na reunión de voceiros
que vimos mantendo non se deron detalles de cales son as medidas do plan
anticrise” e que “o goberno afirma que está traballando con intervención
sobre como organizar as propostas dende o punto de vista do orzamento”.
López Bueno cuestiona que “hai máis de un mes e medio que solicitamos a
elaboración dese informe, que se supón que estiveron facendo?”.
O voceiro socialista lamenta que “os concelleiros do goberno están
absolutamente superados” e son “incapaces de xestionar as frontes que
teñen abertas”. Pregúntase en concreto “onde está o concelleiro de
Promoción Económica? E o Concelleiro de Rural?” aos que achaca
“deixadeza de funcións” ao non presentar “nin unha soa iniciativa para
resolver os problemas que deixa a crise nas súas áreas de goberno”.
O PSOE TACHA O PLAN ANTICRISE COMO “DESERTO” E AFIRMA QUE A MOBILIZACIÓN DE RECURSOS SERÁ DE “COMO MOITO 500.000 EUROS”.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.







































