O PSOE mostra o seu apoio á plataforma de comercio online
da Estrada. López Bueno estima que “servirá para competir mellor pero non
se deben marcar grandes obxectivos. “Non será un maná, pero é unha
ferramenta máis para chegar aos clientes”.
O portavoz incide en que “estamos convencidos do compromiso dos
comerciantes”. Critica que López Campos “manifeste en privado opinións
totalmente contrarias ao que fará como goberno” e pídelle “coherencia”.
López Bueno reclámalle ao rexedor que “se non cre no proxecto, que o diga
en público”.
Os socialistas pídenlle ao goberno que poña “especial atención nos criterios
técnicos” dos orzamentos que se están solicitando, e valoran que “a
experiencia no desenvolvemento de plataformas coma esta é chave para
cumprir os prazos sen que se existan sobrecustos”.
López Bueno mantén unhas expectativas optimistas sobre a plataforma e
chama á “tranquilidade e implicación” co proxecto. Afirma que “o deseño e
a posta en funcionamento levarán meses, e este proxecto esixe
implicación”. Tamén advirte de que “a plataforma debe ser sinxela para o
uso dos comerciantes” porque “se non é fácil de utilizar, nin os clientes a
utilizarán nin os comerciantes sacarán rendemento”.
Ademais, o voceiro socialista reclámalle “traballo” ao Goberno municipal.
“As nosas propostas para o comercio levan dous meses enriba da mesa, e
xa están debatidas cos representantes do comercio, empresarios e
hostaleiros”. Culpa ao Goberno de “non estar á altura” da xestión que se
require nestes momentos e recorda que “xunto coas propostas pedimos un
informe de intervención que é fundamental para aplicar as medidas dun
plan anticrise”.
O edil socialista reclamou tamén “axilidade” para comezar canto antes co
sistema de vales de compra no comercio local. O voceiro considera que
“este mecanismo é aceptado polo comercio, garante a actividade e polo
tanto, o emprego”. Valora que cos vales se resolven problemas económicos
“das familias e dos comercios, e contribúese á economía local con cartos
que seguirán circulando aquí”. Remarca que “a nosa proposta de vales de
compra fíxose antes que a de Vilagarcía, e alí xa están executándose”.
Os socialistas valoran que “tanto a plataforma como os vales de compra son
medidas que non estarán a pleno rendemento inmediatamente” e afirman
que “os comerciantes teñen que facer pagos que vencen en poucos días, e
coñecemos moitos casos nos que carecen de liquidez para facelos”.
______________________________________________________________________
Agrupación Socialista da Estrada
______________________________________________________________________
Prolongación da R/ Castelao 16, baixo
Asimesmo critican que o goberno da Estrada aínda non aprobara “nin unha
soa medida de auxilio inmediato como si fixeron Lalín e Silleda, por
exemplo”.
Para resolver eses problemas do comercio, o grupo municipal socialista
propón “artellar unha liña de axudas directas ligada aos pagos inmediatos
que demostren os comerciantes”. López Bueno considera que “hai que
contemplar uns requisitos” para que “os cartos cheguen aos empresarios
que realmente o precisan. “Convén que existan límites de financiamento e
valoracións obxectivas sobre a procedencia ou non das solicitudes”.
Os socialistas consideran que “sería necesario achegar os comprobantes da
existencia desas obrigas e tamén a documentación que demostre a
imposibilidade de afrontar os pagos”. Sentenciou que “non se trata de que
os comercios vivan das axudas, pero si que é un momento no que debemos
atender esas necesidades”.
López Bueno cre que “o goberno municipal vai tardísimo” na aprobación de
medidas e valora que “López Campos non se preocupou en absoluto polos
problemas do comercio, e están sobrevivindo a pesar do abandono por
parte do Concello”.







































