A Xunta dá un novo paso na súa aposta por fomentar o emprego local e informa da resolución da orde de axuda do Aprol Rural que permitirá que os concellos das comarcas do Deza e do Tabeirós contraten a un total de 16 persoas desempregadas para desenvolver servizos de interese xeral, en este caso, para previr incendios forestais.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina este ano un total de algo máis de 1M€ para a contratación de 71 persoas desempregadas en 49 municipios da provincia de Pontevedra para a realización de tarefas relacionadas, maioritariamente, coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (planificación preventiva, valorización forestal, silvicultura, limpeza de montes ou xestión de biomasa). Como novidade con respecto a anteriores edicións, os concellos rurais de menos de 2000 habitantes poden contratar a persoas que xa fosen contratadas por un período igual ou superior a 9 meses con cargo a axudas concedidas no ano 2019 pola Consellería de Economía, Emprego e Industria no eido da colaboración coas entidades locais e sen ánimo de lucro.
Nestas dúas comarcas pontevedresas beneficiaranse 4 desempregados de Lalín, 2 de Vila de Cruces, 4 de Agolada, 2 de Silleda, 2 en Dozón, e 1 en Forcarei e outro en Rodeiro. En total, a Xunta destinará a estes municipios 223.041,25 euros.
Estas medidas, enmarcadas nas políticas de emprego da Xunta, teñen como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas participantes, así como apoiar a integración laboral de persoas vulnerables co obxectivo de dinamizar o mercado laboral galego







































