O maneo de Anxeriz fai homenaxe o persoal sanitario é esencial dende Tequexetéldere

 


Onte fixose público o vídeo dun baile que aprenderon os membros de Tequexetéldere  nestos meses de confinamento, é unha peza nova, non recuperada e gravada:
Trátase dun maneo recollido en Anxeriz, parroquia do concello de Tordoia e co cal se quixo recoñecer a labor dos compañeiros e compañeiras (enfermeiras e doutores, así como persoal de supermercados e mantemento) de Tequexetéldere, que tiveron que seguir traballando durante as datas máis dificiles da pandémia en Galicia, traballadoras nalgúns casos das plantas COVID do Hospital de Santiago.

Tal é como poñen na descrición da publicación, o agradecemento é extensible a outros colectivos.

Era unha asignatura pendente de Tequexetéldere cos  compañeiros.

A día de hoxe seguimos traballando para aprender outra peza, esta vez, trátase dunha muiñeira recollida na zona de Carcacía.


Por outra banda, tamén contarvos que as escolas de Tequexetéldere abrirán as súas matrículas para o curso 2021-2022 en próximos días.
Teremos a información na  web www.tequexeteldere.gal e nas nosas redes sociais.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta