XI CAMPUS DEPORTIVO DE VERÁN CONCELLO DA ESTRADA 2020

 

O departamento de deportes oferta para os meses de xullo e agosto, a undécima edición do Campus Deportivo de verán do Concello da Estrada.
Todas as actividades están especialmente dirixidas ás idades e desenvolvemento psíquico-físico das persoas participantes e todas elas desenvolven tamén, de xeito transversal, valores de disciplina, esforzo, perspectiva de xénero, integración, hixiene e respecto ás normas.
O Concello da Estrada, coordinará con especialistas tódalas medidas de seguridade, de prevención da saúde e de hixiene que a situación require para coidar ao máximo a saúde tanto dos participantes coma do persoal que leva a cabo á actividade.
As bases do XI Campus Deportivo de Verán Concello da Estrada inclúen
protocolos de actuación para a adaptación deste programa deportivo, ás directrices das autoridades competentes en relación coa Covid-19. Polo tanto, é posible que tanto antes do inicio como durante a actividade, se as indicacións das autoridades sanitarias ou da Xunta de Galicia cambian, tamén se teñan que adaptar tanto estas bases e protocolos. Se hai algún cambio, será publicado e comunicado as familias dos
participantes na actividade.
2.- DESTINATARI@S.
Ofértanse un total de 70 prazas por quenda/quincena.
A actividade está dirixida para nenos/as de 5 a 15 anos, nados/as entre o ano 2005 e o ano 2015, e terá lugar nas instalacións da zona deportiva do Concello, en horario de 9.00 ás 14.00 horas. As instalacións onde se realizarán as actividades, cumpren cos protocolos de hixiene e prevención en relación o covid-19.
Ante a situación extraordinaria deste ano, a inscrición no XI Campus Deportivo de Verán, será por quincenas. O prezo será de 40 euros por participante e quincena. O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% sobre o prezo (32 euros), e a partir do terceiro membro da unidade familiar será gratuito.
A formación e organización dos grupos dependerá dos seguintes criterios:
1. Instrucións e recomendacións das autoridades sanitarias e da Xunta de Galicia sobre o desenvolvemento e organización dos programas e actividades a desenvolver
2. Idades e características individuais dos nenos e nenas inscritos/as.
Os participantes poderán solicitar as quendas/quincenas que consideren necesarias ata un máximo de 4, cubrindo na folla de inscrición, a orde de prioridade.
No formulario de inscrición deberá indicar se o rapaz ou rapaza ten calquera tipo de enfermidade e/ou discapacidade. Estes datos só se tratarán co fin de facilitar os apoios e as adaptacións necesarias para o mellor desenvolvemento das actividades. O programa non
dispón de persoal sanitario, polo que non se responsabiliza da administración de calquera tipo de medicación.
3.-ACTIVIDADES.
O programa deportivo que detalla as actividades desta edición, estarán orientadas a crear hábitos de hixiene relativos á Covid-19. Priorizaranse as actividades ao aire libre e aquelas tarefas que se poidan levar a cabo dentro da práctica da disciplina deportiva, que requiran o menor contacto posible.
Os horarios e a programación das actividades de cada quenda faranse en función das idades dos nenos/as polo que non todos os/as participantes do campus deportivo farán as mesmas actividades.
As actividades que oferta o Campus Deportivo de Verán son, entre outras: fútbol, baloncesto, atletismo, bádminton, actividades acuáticas, tenis, atletismo e xogos predeportivos de iniciación para os máis pequenos. Todas estas actividades adaptadas as normativas existentes, atendendo á distancia correspondente e seguindo os protocolos sanitarios.
Nesta edición do campus deportivo, non están incluidas as actividades da excursión o Aquapark de Cerceda, así como acampada nas instalacións das piscinas municipais.


O XI Campus Deportivo de Verán ofertará as seguintes quendas, e o participante
poderá solicitar as que considere necesario, marcando unha orde de preferencia. Aquela
quenda que marque como primeira, será na que poderá entrar de xeito preferente. Nas
quendas marcadas como, segundas, terceiras e/ou cuartas opcións, so entrará no caso de
que haxa prazas libres:
QUENDAS DATAS
1ª QUENDA (Q1) DO MÉRCORES 1-7 O MÉRCORES 15-7
2ª QUENDA (Q2) DO XOVES 16-7 O VENRES 31-7
3ª QUENDA (Q3) DO LUNS 3-8 O VENRES 14-8
4ª QUENDA (Q4) DO LUNS 17-8 O LUNS 31-8
5.- PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN.
➢ PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán presentarse
PREFERENTEMENTE a través da sede electrónica do Concello da Estrada
(https://aestrada.sedeelectronica.gal), ou no seu defecto no Rexistro Xeral do Concello
da Estrada, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.
➢ PRAZO DE INSCRICIÓN: DO 17 O 23 DE XUÑO DE 2020.
➢ DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
A documentación a presentar xunto coa solicitude segundo modelo, é a seguinte
✔ 1 foto do/a neno/a
✔ Fotocopia do D.N.I do/a neno/a
✔ Fotocopia do D.N.I do pai, nai ou titor.
✔ Fotocopia tarxeta da Seguridade Social do/a menor
✔ Fotocopia do libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que acredite
oficialmente a situación familiar
✔ Fotocopia do xustificante de ocupación laboral: 2 últimas nóminas, certificado
de vida laboral ou último recibo de cota á S.S. no réxime especial de
traballadores por conta propia.
✔ Fotocopia da declaración do IRPF de ambos os proxenitores.
✔ Certificado médico no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións
alegadas polos membros da unidade familiar
➢ CRITERIOS EVALUACIÓN:
No caso de que o nº de solicitudes supere as prazas ofertadas, atenderanse as
solicitudes segundo o seguinte orde de prioridades:
✔ Familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de risco.
✔ Rapaces e rapazas empadroados no termo municipal.
✔ Familias nas que os seus pais, titores ou gardadores dos menores inscritos
acrediten atoparse traballando durante o período de inscrición das actividades.
✔ Rapaces e rapazas que acrediten a condición da familia numerosa.
✔ Orde de rexistro de entrada das solicitudes.
Terán preferencia no momento da inscrición, aqueles nenos/as que estén empadroados
no Concello da Estrada. No caso de que se dispoña de prazas vacantes en calquera das
quendas poderán formalizar a sua inscrición no XI Campus Deportivo de Verán nenos/as non
empadroados sen necesidade de acreditar a actividade laboral dos pais no termo municipal.
➢ PAGAMENTO:
Unha vez confirmada a participación do neno/a no XI Campus Deportivo de Verán,
deberase de realizar o pagamento, de xeito presencial na oficina do Banco Sabadell ou de
xeito telemático, achegar o xustificante de pago o primeiro día da actividade e entregarllo o
monitor/a.
Nº CONTA PAGO CAMPUS (BANCO SABADELL): ES78 0081 2208 230001012603
6.- SEGURIDADE E HIXIENE.
Control e prevención durante a actividade.
✔ As persoas participantes e os seus titores legais responsabilizaranse da súa situación
particular fronte á Covid-19, de tal forma que se algunha presenta sintomatoloxía
asociada coa Covid-19 non acudirá e contactará inmediatamente coa dirección do XI
Campus Deportivo de Verán
✔ As persoas responsables da actividade (coordinador e monitores) velarán pola
seguridade da actividade mediante a declaración de saúde á entrada das instalacións
e o adecuado cumprimento de todos os protocolos e normas de seguridade
establecidos.
✔ Reforzaranse as mensaxes de recordo dos comportamentos e distancia de
seguridade, medidas de hixiene, etc.
✔ Limitaranse os aforos en espazos pechados para que garantan os principios de
distancia de seguridade e prevención de contacto.
Cumprimento de medidas personais de hixiene e prevención obrigatorias.
✔ A organización subministrará xabón e xel hidroalcólico. Os rapaces e rapazas maiores
de 6 anos deberán levar a súa propia máscara e recoméndase que os menores de 6
anos tamén a leven.
✔ Asignarase un monitor ou monitora responsable por grupo que vele pola recollida e
entrega das persoas participantes aos seus titores legais. Esta persoa responsable
velará polo respecto das medidas de distanciamento interpersoal e evitará
aglomeracións. Controlará comportamentos e equipos sanitarios e distribuirá os
equipos de protección individual aos rapaces e rapazas que non dispoñan del de
maneira puntual.
✔ En todos os casos garantirase o cumprimento de protocolos de seguridade (medidas
persoais de hixiene e prevención obrigatorias).
✔ Aqueles participantes ou as súas familias que incumpran as normas establecidas
relativas as medidas de protección ante a Covid-19, poderán ser expulsados da
actividade.
Adecuación, organización e distribución das actividades.
✔ Sempre que sexa posible, terán prioridade as actividades ao aire libre. Durante a
programación diaria, cada grupo contará cunha sala ou instalación propia.
✔ Os espazos pechados que se utilicen serán amplos e estarán ben ventilados.
✔ Procurarase que cada grupo teña o menor número de nenos e nenas posible, polo que
a división dos grupos será estrita e tendo en conta a data de nacemento dos rapaces e
rapazas inscritos. Poderá darse o caso de que rapaces e rapazas pertencentes a un
mesmo curso escolar estean en grupos diferentes e non poderán facerse cambios.
✔ Cada grupo contará cun/ha monitor/a responsable que velará polo respecto das
medidas de distanciamento físico na medida do posible e evite aglomeracións.
✔ Evitarase a realización de actividades que impliquen contacto físico constante.
✔ Cando os participantes e o seu monitor/a teñan que desprazarse desde unha
instalación a outra, durante a transición, deberán levar obrigatoriamente máscara a
partir dos 6 anos e é recomendable para os menores desta idade sempre que non
sexa posible manter a distancia de seguridade.
✔ Cada participante deberá levar a súa merenda e auga. Estará prohibido compartila.
Durante a programación, durante o momento do recreo media mañá, os participantes
e o seu monitor/a, situaranse con distancia seguridade de dous metros dos outros
grupos.
Desprazamentos, entrega e recollida de participantes.
✔ O punto de encontro marcado de xeito oficial son as instalacións das piscinas
municipais. O recollida dos nenos/as será na entrada principal e a recollida pola
entrada lateral que hai cara o campo de fútbol municipal Manuel Regueiro.
✔ No caso de familias con participantes pertencentes a diferentes grupos, deberán
deixar a cada neno/a o monitor/a responsable do grupo correspondente, aínda que
sexan diferentes.
✔ O monitor/a responsable de cada grupo será o/a encargado/a de xestionar a recollida
e a entrega dos nenos/as participantes.
✔ Cada neno/a acudirá ás instalacións do Campus Deportivo de Verán acompañado por
unha única persoa adulta, co fin de evitar aglomeracións tanto na hora da entrada
como na de recollida.
✔ Para facilitar o tránsito entre persoas nos horarios de inicio e peche das actividades,
de xeito escalonado, as familias poderán chegar á actividade entre as 8:45 horas e as
9:00 horas e poderán recoller os/as nenos/as entre as 14:00 e as 14:15 horas.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta