MÁIS DUN MILLEIRO DE ESTABLECEMENTOS DA PROVINCIA LOCEN XA O SELO “COMERCIO SEGURO” ENTREGADO POLA FEDERACIÓN PROVINCIAL

 

Enrique Núñez, secretario xeral do colectivo provincial de comerciantes, anima aos pequenos
establecementos a adherirse a esta iniciativa.
Máis dun milleiro de comercios en toda a provincia de Pontevedra locen xa nos seus
escaparates o selo “Comercio Seguro” emitido pola Federación Provincial de Comercio,
Turismo e Mercados para acreditar a aplicación dos protocolos sanitarios e hixiénicos
estipulados pola Xunta tras a crise do Covid 19 nos pequenos establecementos.
A Federación Provincial iniciou hai dúas semanas a entrega destes distintivos en colaboración
cos centros comerciais abertos de cada municipio e durante este período 23 establecementos
comerciais da Estrada asociados a ACOE, de momento, acolléronse a esta iniciativa que
achega un plus de seguridade aos consumidores.
Os comercios da Estrada son: Bolsos Rovy, Copistrada copistaría, Código Digital,
Luscofusco moda, Agrobotica, Óptica Nova visión, Pícolo moda infantil, Panadería
Cervela (2 despachos), Emei complementos, Ana Belén moda infantil, Lugar del vino,
Andri moda, Edente Clínica Dental, A Esquina zapatería, Zábat zapatería, Catro
canciños, Dr. Kadder clínica dental, Salón de beleza Raquel Paseiro, Calzados Regaliz,
Óptica Innova ópticos, Estudio fotográfico Puri Areán e Gilcolor decoración.
O secretario xeral da Federación Provincial, Enrique Núñez, agradece aos centros comerciais
abertos e aos Concellos da provincia a súa adhesión a este programa e anima aos
comerciantes para sumarse a unha iniciativa que contribúe a consolidar a tradicional confianza
que os consumidores teñen no comercio de proximidade e que debe ser un dos alicerces
fundamentais na nova normalidade tras o covid-19.
Núñez lembra que para acreditarse como comercio seguro hai que seguir un sinxelo itinerario.
O primeiro paso é superar o test de auto diagnóstico colgado na web da Xunta
https://www.comerciosegurogalicia.gal/register. O resultado reflíctese nun informe que
recolle o grao de cumprimento do protocolo hixiénico-sanitario establecido en cada
establecemento e inclúe ademais recomendacións sobre as medidas que necesitan
implementar naqueles aspectos nos que se detectan carencias.
Só os comercios que logren o nivel de “elevado” ou “moi elevado” no test poden acceder ao
selo “Comercio Seguro”. Os demais terán un prazo de 15 días para emendar as deficiencias e
optar a unha nova revisión que lles permita contar co mencionado selo.

A Federación realizará revisións periódicas, e aleatorias, co procedemento de Cliente
Misterioso para comprobar o grao de cumprimento da normativa nos establecementos que
obteñan o certificado coa finalidade de recoñecer o esforzo que realiza o pequeno comercio
para adaptarse á nova normativa e por garantir a seguridade e a saúde pública de
traballadores e consumidores.

A Federación Provincial de Comercio, Turismo e Mercados continuará nas próximas semanas
acreditando ao comercio seguro, do mesmo xeito que está a facer Cocahi (Confederación
Española de Centros históricos) de forma gratuíta a todos os establecementos que forman
parte da Federación Provincial e que obteñan exclusivamente unha cualificación alta no test.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta