Susana Camba: “A día de hoxe o concello non licitou esta concesión e os contratos con esta empresa son a dedo”
“Isto que fai o goberno de López é unha privatización encuberta da recollida do lixo”, afirma a concelleira nacionalista, “xa que a día de hoxe o concello non licitou esta concesión e os contratos con esta empresa son a dedo”. “No BNG xa manifestamos que estamos en contra da privatización da recollida do lixo”, engadiu a concelleira, “cremos que o noso concello ten a capacidade para xestionar directamente este servizo, fíxose sempre así e non hai razón obxectiva para que se privatice; de feito, a pesar de que en reiteradas ocasión denunciamos problemas na recollida do lixo, débese única e exclusivamente a mala xestión e iso ten solución doada: cambiar os responsábeis políticos correspondentes”.
“Sen embargo, esta privatización encuberta da recollida do lixo é unha fraude ás veciñas e veciños, xa que non se mellora o servizo, o concello pon a maquinaria e os gastos de mantemento, e a empresa o lévase o beneficio”.







































