O BNG da Estrada levará ao pleno deste xoves dia 2, unha pregunta ao goberno do sr. López para que aclare os motivos polos que se prohibe aparcar na praza e carballeira da Feira todos os martes a partir das 16:00 h.
Susana Camba, voceira do BBG considera que nunha vila co déficit de aparcadoiros como é A Estrada debe haber razóns de moito peso para xustificar unha medida deste impacto.
Desde o BNG non entendemos os motivos, que aínda que estivesen relacionados con procedementos de desinfección do espazo, o lóxico parece que sería levalos a cabo despois da Feira e non o día anterior.
Tamén insiste Susana Camba na necesidade de que o PP dea a coñecer publicamente o proxecto de reforma da Feira e a súa contorna, xa que nada transcendeu, para que desde os foros dispoñibles a oposición e a veciñanza o poidan valorar e mesmo propoñer achegas, se é que o Sr López ten en consideración por unha eza participación cidadá cono elemento democrático e facilitador da xestión e no cono nos ten acostumados ata este intre, a un desprezo desta ferramenta.
O BNG CUESTIONA A PROHIBICIÓN IMPOSTA POLO GOBERNO MUNICIPAL DO PP NA PRAZA E CARBALLEIRA DA FEIRA.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































