O Concello de Dozón clausura hoxe o campamento urbano do que gozaron 15 nenos/as no último mes

O alcalde de Dozón, Adolfo Campos Vázquez, visitou
hoxe as instalacións do CEIP Pío Cabanillas con motivo da xornada de clausura do campamento urbano do que gozaron desde o pasado 15 de  xullo, en horario de 9.30 a13.30, unha quincena de nenas e nenos do municipio. O rexedor aproveitou a visita para entregarlles aos participantes o seu correspondente diploma e material escolar.
Nesta edición, o programa do “Concilia Verán Dozón 2020” estivo coordinado polos monitores da empresa Máis Escola XXI e incluiu actividades deportivas (fútbol, baloncesto, bádminton…), lúdicas (obradoiros de abalorios e camisetas, pulseiras, globoflexia, maquillaxe de fantasía…) e culturais (cinefórum, debuxo, pintura…).
“Cumpríronse os dous obxectivos básicos deste campamento, que eran garantir oentretemento, a diversión e a aprendizaxe en convivencia das rapazas e rapaces participantes e, por outra banda, facilitarlle aos pais e nais a conciliación coa súa actividade laboral nunha época sen actividade lectiva”, sinalou o rexedor.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta