O FÚTBOL AMATER POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA XUNTO REVELASE A COMPETIR

Sr. Rafael Louzán Abal
Presidente da Federación Galega de Fútbol.
Santiago de Compostela a 20 de Setembro de 2020
A relación dos 56 equipos que abaixo se citan representamos o 62,22% dos clubes de 1ª,
2ª e 3ª rexional da Subdelegación de Santiago e, aínda que, de seguro esta porcentaxe se
pode extrapolar a calquera das subdelegacións da FGF, por medio do presente escrito,
queremos facerlle chegar a nosa posición respecto á proposta da FGF de comezar as
ligas rexionais o vindeiro 1 de novembro, permitir adestramentos con contacto dende
outubro e sobre a viabilidade dun posible protocolo de actuación debido á COVID-19.
1.- Co actual estado da pandemia (máis de 4.000 infectados en Galicia, levamos case un
mes practicamente con algunha morte diaria, seguen incrementándose as persoas
ingresadas nas UCI e os hospitalizados, etc) e sen tan sequera ter rematado o verán,
consideramos unha irresponsabilidade comezar as ligas de fútbol rexional (non
profesional) en novembro, e adestramentos con contacto en outubro, sen saber como se
vai a comportar o virus na época de frío coincidindo con outras enfermidades como a
gripe, por exemplo.
Se non se autorizou o deporte de contacto no mes de xuño, cando apenas había
contaxios e tiñamos todo o verán por diante. Que sentido ten autorizar o deporte de
contacto nas portas do inverno cando nos atopamos nun situación epidemiolóxica
moitísimo peor e, tendo en conta que asociacións coma a “Sociedad Española de
Medicina Deportiva” consideran que non debe haber deporte de contacto nestos
momentos.
2.- Somos clubes de fútbol afeccionado, non somos profesionais, e polo tanto non
supoñemos unha actividade económica. Ningún dos xogadores das ligas rexionais
dependen economicamente do fútbol. Todo o contrario, o fútbol é unha afición, un
hobbie, estes xogadores dependen de outros traballos (en empresas que son necesarias
para a recuperación económica) ou son estudantes. Na maior parte dos supostos, o
fútbol supón máis gastos e sacrificios que ingresos ou beneficios.
Polo tanto cremos que non ten sentido comezar unhas ligas que non aportan
economicamente nada mentres no país temos unha serie de actividades económicas con
bastantes restricións e outras, coma o ocio nocturno, verbenas, etc continúan pechados.
3.- Os clubes consideramos inasumible tanto por parte dos directivos coma dos
xogadores asumir o risco de contaxiar a terceiras persoas. Moitos deles conviven cos
avós, pais, persoas de risco, etc. Cre vostede dende a FGF que é necesario que estas
persoas se expoñan ao contaxio?
Dende as directivas dos clubes non queremos vivir co cargo de conciencia de que algún
dos nosos xogadores poida perder a súa propia vida ou a un ser querido por xogar nunha
liga rexional, ou poida perder o seu posto de traballo por verse sometido a unha ou
varias corentenas durante a tempada de fútbol.
4.- No protocolo vanse a incluír unha serie de condicionantes e requisitos no uso dos
vestiarios. Tal e como están a maioría das instalacións deportivas, os clubes nos
veríamos na obriga de non poder utilizar os vestiarios, pola imposibilidade de cumprir a
distancia de seguridade entre os xogadores mentres se cambian ou mentres os
adestradores dan as indicacións.
Isto conleva a que, en pleno inverno, con choiva, con temperaturas baixas, os xogadores
teñan que ir de volta nos coches para a casa sen ducharse nin cambiarse, con
desprazamentos de preto dunha hora. Con esta medida o único que estamos é pondo en
risco a saúde dos nosos xogadores, posto que o feito de non poder ducharse no campo
despois dunha actividade física intensa vai favorecer que haxa máis casos de resfriados,
febres e gripes. En consecuencia, máis síntomas compatibles coa COVID-19, polo tanto
máis corentenas e máis PCRs, cun sobrecuste económico e social innecesario.
5.- A FGF que vostede preside preténdenos vender o argumento que se non hai liga
rexional esta tempada, os clubes desaparecemos. Non é certo, é todo o contrario. Se esta
tempada non xogamos, os clubes apenas imos a ter costes, polo tanto non habería
ningunha razón para que desaparezamos.
Sen embargo, se temos que vernos inmersos nunha competición ligueira, imos ter os
mesmos costes de tódolos anos, os sobrecostes por mor da COVID-19 e moitos menos
ingresos. Non imos poder vender practicamente entradas, non imos poder explotar a
cantina, debido a crise, vai ser máis difícil conseguir socios ou buscar patrocinadores,
moitos clubes realizaban actividades en festas ou verbenas que agora non poden levar a
cabo, etc
En definitiva, competir este ano SÍ pode ser a ruina de moitos clubes.
6.- Non ten sentido o fútbol rexional a porta pechada ou con aforos limitados. Segundo
o protocolo tódolos aficionados que asistan ao campo teñen que estar sentados e con
distanciamento de 1,5 metros. Vostede coñece os campos destas categorías e as
dimensións das gradas (cando as hai) pero, nun día de choiva, a cuberto, apenas
collerían 10 persoas. En realidade cre vostede que todo isto é necesario?
7.- A FGF non pode descargar a responsabilidade dun posible brote nun encontro de
fútbol rexional na figura do chamado ‘’responsable de protocolo e hixiene’’ que será o
responsable último de que se cumpran os protocolos, distanciamento, aforo, uso de
máscaras, desinfección, etc. Como ben dixemos antes, estes clubes son totalmente sen
ánimo de lucro e, por tanto, consideramos que non é de recibo que toda esa gran
responsabilidade recaia sobre ningún membro do clube, se non que tiña que recaer na
propia FGF que é a que nos OBRIGADES a xogar baixo ameaza de descenso de
categoría.
8.- Non pode ser, que nos pretendan cargar os costes dos test serolóxicos para tódolos
xogadores, adestradores e delegado, porque a FGF non está disposta a asumir este custe.
Nos ofreceron a posibilidade da realización dun test rápido ao inicio da competición e a
partir dese momento todos os contactos estreitos sen máscara, durante os adestramentos
e partidos, non van ter ningún tipo de control sanitario salvo que aparezan síntomas
compatibles coa COVID-19. Se no protocolo se obriga á realización dos test, a 60€ o
test, supón uns 2.000€ para cada clube cada vez que se repitan as probas. Eu non sei se
vostede señor Louzán sabe que o orzamento medio dun clube de 2ª e 3ª rexional pode
rondar entre os 10.000 €e 15.000 € anuais. É dicir, queren que gastemos nos test entre
un 20% e un 13% do noso orzamento, sen contar que os gastos federativos se manteñen
igual, e os ingresos vanse ver moi limitados.
Tampouco está aclarado aínda a quen se lle vai a imputar o coste da instalación da
cámara con sensor de temperatura. De ser a cargo dos clubes, estaríamos a falar de máis
de gastos. INVIABLE.
Por outra banda, a FGF tampouco nos dá ningunha garantía de que nos vaian a devolver
a parte non consumida da prima da mutualidade desta tempada (tal como aconteceu o
ano pasado no que non se disputou aproximadamente o 25% da competición sen que
nos devolveran un só euro), no suposto máis que probable de ter que suspender a
competición.
9.- Nos parece unha irresponsabilidade que se permita que todas as semanas, en cada
partido de fútbol, se xunten 22 persoas como mínimo, que non son da mesma unidade
de convivencia para realizar un deporte de contacto ao aire libre e baixo as inclemencias
meteorolóxicas. Estas persoas, como dixemos antes, non van a ter ningún control
sanitario salvo que teñan síntomas, o que significa que podemos estar espallando a
COVID-19 porque non se fai ningún seguimento e as autoridades sanitarias son
coñecedoras que un dos maiores vectores de transmisión neste momento son os
enfermos asintomáticos. Seríamos cómplices e partícipes da propagación da pandemia
polo interese puramente económico da FGF de activar as competicións de fútbol a
calquera custe.
10.- Recoméndase o uso de máscaras, pero neste deporte é imposible xogar con elas,
porque se ve reducida a capacidade respiratoria, móllanse polo suor ou a choiva, e como
se trata dun deporte de contacto en calquera momento pode ser desprazada, arrincada…
E xogar sen elas é romper con todas as recomendacións sanitarias que existen en
calquera outro eido neste nova normalidade que nos toca vivir.
11.- Nos parece intolerable que, de disputarse as Ligas Rexionais, se un partido non se
pode disputar por ter xogadores COVID positivos, ou porque un determinado municipio
ten as instalacións pechadas, se lle poida dar o partido por perdido ao ‘’causante’’. Polo
tanto, entendemos que nos atoparíamos ante unha competición totalmente adulterada.
Xa que mentres un equipo teña os xogadores en corentena quince días, ademais de
perder dous partidos consecutivos 3-0, non vai poder adestrar, e mentres, que os demais
equipos si o van a facer.
Por todo o anteriormente exposto, rexeitamos o comezo da competición ata que as
condicións sanitarias sexan as óptimas, os nosos xogadores e directivos non corran
riscos de contaxio, e os cubles non se vexan perxudicados polas aplicacións dos
protocolos. Con isto non nos negamos a que haxa tempada, posto que o que todos
queremos é xogar, pero non nestas condicións. No caso en que as condicións cambien
en xaneiro, febreiro, marzo ou cando sexa, estaríamos dispostos a valorar comezar a
competición pero, os clubes somos conscientes que comezar a competición neste
momento pode traer máis perxuicios que benefecios para toda a sociedade e para a
evolución da pandemia.
Así pois, rogamos que se aplique o sentido común, se lle dea prioridade á saúde da
xente, á economía e que os centros educativos se poidan desenrolar con normalidade.
Non tiremos co traballo e sacrificio feito dende o 14 de marzo, teñamos un pouco de
consideración co persoal sanitario que segue ao pé do canón combatendo o virus
mentres que outros pensan en xogar ao fútbol.
O FÚTBOL REXIONAL PODE AGARDAR UN ANO MÁIS, A SAÚDE NON
NOTA: Para a presentación deste escrito consultouse a tódolos clubes da delegación de
Santiago de 1ª, 2ª e 3ª Rexional sendo o resultado o seguinte:
A favor do escrito e, polo tanto, de non competir ata que a situación sanitaria o permita
e non represente un risco para os nosos xogadores, directiva, aficionados e toda a
familia do fútbol rexional, nin conleve unha merma económica para os clubes.
56 EQUIPOS (62,22%)
1.- SD ABANQUEIRO 29.- SP LAMPÓN
2.- AGRÓN-BARCALA CF 30.- LARO CF
3.- SD ARAÑO 31.- LESENDE CF LOUSAME
4.- CD ARTES 32.- SD LUAÑA
5.- ATLETICO OLEIROS 33.- MANUEL PELETEIRO
6.- ATLETICO OROSINO 34.- MILLADORIO SD
7.- SD BANDEIRA 35.- O PINO SD B
8.- BAROÑA CF 36.- SH PALMEIRA
9.- CD BERRES 37.- PORTO DO SON
10.- CF BIDUIDO 38.- PORTOMOURO CF
11.- SD BRIÓN 39.- PRAÍÑA SP CLUB
12.- SD CACHEIRAS 40.- UD QUEIRUGA
13.- SR CALO 41.- RACING SAN LORENZO
14.- SR CALO B 42.- CF RARÍS
15.- CAMPO DA ANGUSTIA 43.- SDC RECESENDE
16.- CAMPORRAPADO 44.- RESMÓN CF
17.- SD CARCACIA 45.- SANTA CRUZ DE MONTAOS
18.- CARREIRA CF 46.- CCD TARAGOÑA
19.- COGALRODEIRO CF 47.- TORDOIA CF
20.- CROCHA BALOMPÉ 48.- TORDOIA CF B
21.- CURES SD 49.- TRAZO CF
22.- SD DEIXEBRE 50.- URDILDE SD
23.- SD DUBRA B 51.- VEA CF
24.- ESCLAVITUD SD 52.- VILATUXE FC
25.- FLAVIA SD 53.- VAL DO ULLA UD
26.- FURIA ATHLETIC 54.- VAL DO ULLA UD B
27.- CD GALICIA-BEALO 55.- CF VISTA A LEGRE
28.- CD GUIMAREI 56.- CF VISTA ALEGRE B
No día da presentación do escrito, quedan pendentes de apoiar ou non o presente
documento, por ter que realizar unha xuntanza previa a directiva e/ou os socios ou ben
porque por algún motivo aínda non se decidiron a pronunciarse nin a favor nin en
contra, os seguintes clubes:
25 EQUIPOS (25,56%)
1.- ATLÉTICO FÁTIMA 13.- SD NEGREIRA
2.- ATLÉTICO RIVEIRA 14.- AD NICRARIENSE
3.- SD AGOLADA 15.- CF NOIA B
4.- AMIO SD 16.- PUEBLA CF B
5.- UD BASTAVALES 17.- CD ROIS
6.- CD BELVÍS 18.- CD SAN MAMED
7.- CIDADE DE RIBEIRA 19.- CF SILLEDA
8.- CF CIRE DE MELIDE 20.- CF SILLEDA B
9.- CORDEIRO CF 21.- CD UNIÓN
10.- SD CRUCES 22.- VALIÑO CABO DE CRUZ
11.- SD CRUCES B 23.- SD VILLESTRO
12.- CD LALÍN
ESTOS CLUBES CONSULTARANSE Ó LONGO DA VINDEIRA SEMANA E
FARASE PÚBLICA AS DECISIÓNS QUE NOS TRASLADEN.
Rexeitaron, por diversos motivos, apoiar a presentación do presente documento, os
seguintes equipos:
11 CLUBES (12,22%)
1.- BERTAMIRÁNS CF
2.- EF BOQUEIXÓN
3.- SD COMPOSTELA B
4.- CD DODRO
5.- CD ESTRADENSE B
6.- CLUB LAMELA
7.- EF SAN LÁZARO
8.- UD SANTISO FC
9.- CD DAR-EXTRAMUNDI
10.- SD TOURO
11.- XUVENTÚ AGUIÑO

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta