O venres 23 de outubro ás 21.00 h, a unidade de produción da Escola Municipal de Artes
Escénicas da Estrada estreará a peza de Antón Chéjov Sobre o mal que fai o tabaco, unha
peza de acto único e en forma de monólogo, na que un personaxe comeza a dar unha
conferencia sobre o dano que causa o tabaco e que remata nunha confesión da súa triste vida
conxugal. Unha historia realista que se desenvolve entre o absurdo e a traxedia de quen ve
frustrada a súa esperanza de felicidade.
Adaptada e dirixida por Santiago Cortegoso e interpretada polo actor Gonzalo Valcárcel, na
peza participan tamén tres compoñentes do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso,
como son Juan Núñez, Pablo Bernárdez e Manuel Castedo.O proxecto está enmarcado
dentro da serie das colaboracións didácticas que o alumnado da Escola está a facer con
dramaturgos e directores de prestixio da escena galega; un proxecto que terá continuidade
nos vindeiros anos e que trata de complementar a formación dos actores, formados no seo
da escola estradense, medíndoo primeiramente con profesionais de prestixio e,
posteriormente, co público.
Os convites poderán recollerse a partir do luns no departamento de Cultura do Concello. A
capacidade da sala verase reducida por mor das restricións sanitarias.







































