LÓPEZ BUENO REAFÍRMASE: A ESTRADA NON REALIZA TEST DE ANTÍXENOS POR UNHA DECISIÓN POLÍTICA DO SERGAS

. O PSOE reafírmase nas súas declaracións de que A Estrada
non realiza test de antíxenos por unha “decisión política” da Xunta de
Galicia. Luis López Bueno garante que a decisión sobre os centros que
comezarían os ensaios non foi tratada no Comité Clínico porque non é unha
cuestión que lle competa a ese Comité. O líder socialista afirma que os
centros foron “nomeados a dedo” no Protocolo de detección que está
probando o Sergas. De todas as maneiras, o único certo é que o Centro de
Saúde quería facer eses tests e o alcalde non lle brindou apoio “por
descoñecemento ou por indolencia”.
Valoran dende o PSOE que se a decisión fora técnica, non se lle ofrecería a
posibilidade de solicitar a realización de test de antíxenos aos centros, se
non que se contactaría directamente cos seleccionados para comunicarlles a
decisión. “Se o Centro de Saúde da Estrada puido solicitar os test é porque
o Sergas pediu voluntarios” sentencian.
O socialista valora que o alcalde está moi incómodo porque ultimamente só
recibe labazadas por parte da Xunta de Galicia. Pídelle ao alcalde que
intente ser “un pouco menos do PP” e valore as decisións con criterio e non
“coma un hooligan de dereitas”. López Campos utilizou o 8-M para atacar
ao Goberno Central na primeira onda da pandemia e agora carga contra o
novo estado de alarma mentres Galicia bate récords todos os días “coa
Xunta exercendo as súas plenas competencias”. López Bueno considera que
“López Campos leva toda a pandemia utilizando argumentos ridículos” e
asegura que foi incapaz de tomar “medidas concretas” na loita contra a
Covid.
Nese sentido, recorda que o Goberno local sempre foi a remolque do PSOE
nos últimos meses, “fomos nós os que pedimos unha Comisión Covid,
pedimos que o Concello provera mascarillas para os veciños e veciñas,
pedimos medidas económicas como os vales para o comercio local, pedimos
desinfección nas rúas e no mobiliario urbano…”. Algunhas desas medidas
aplicáronse despois de propoñelas, pero López Bueno insiste en que
“chegaron tarde e aplicáronse mal”. Tamén cre que “fomos moi
colaboradores” a pesar de que o alcalde “non levantou o teléfono nin unha
soa vez”.
No plano de desinfeccións López Bueno corrixe ao alcalde: “non insinuei que
a desinfección dos parques fora insuficiente, afirmeino”. O socialista garante
que se incumpre a lei porque non se están executando as desinfeccións
diarias que se requiren para mantelos abertos. Ademais diso, o voceiro
socialista considera “contraditorias” as declaracións de López Campos, “o
______________________________________________________________________
Agrupación Socialista da Estrada
______________________________________________________________________
Prolongación da R/ Castelao 16, baixo
sábado estaba valorando pechar os parques e o mércores di que non fai
falla porque non houbo contaxios”. López Bueno pensa que é un intento de
“estar ao prato e ás talladas” e pide claridade por parte do goberno local.
López Bueno lamenta fondamente que o alcalde arremeta contra el no plano
persoal. Considera que é unha actitude reiterada, sobre todo cando os
partidos da oposición revelan as “labazadas” A Estrada recibe da Xunta de
Galicia. López Bueno defende que “López Campos non é relevante para a
Xunta” e considera que iso non é unha falta de respecto: “é unha
realidade”. O líder socialista enmarca as súas declaracións na “crítica á
xestión política deste goberno” e reta ao rexedor a que atope unha
descalificación persoal en calquera declaración do socialista.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta