Diversas novidades foron comunicadas dende a área de Urbanismo do Concello da Estrada durante esta semana polo seu titular, Gonzalo Louzao. Así pois, tras a celebración dunha mesa de mobilidade onde se deu conta do proceso de selección do proxecto para a humanización da Praza da Feira e o seu entorno no que “Baixo as Árbores” se proclamou opción favorita tanto para xurado técnico como na participación púlica, tomouse en consideración, co consenso de grupos políticos e asociación de hostaleiros, comerciantes e empresarios a humanización e regulación de tráfico rodado no tramo da rúa Serafín Pazo que une as Prazas do Concello e da Farola.
Así pois, atendendo á demanda de hostaleiros, numerosos comerciantes e veciños/as de esa rúa, procederase a regular o aparcamento que hai no comezo da rúa, creando unha zona de carga e descarga para dar servizo ós negocios da zona e outra de aparcamento con límite de tempo para favorecer a rotabilidade. Ademais cambiarase a estética da rúa, eliminando os bolardos e repoñendo o pavimento de rodadura por outro de formigón impreso con interseccións en pedra, conservando as aceras ca pedra actual. Ademais deuse conta das actuáis obras para a ampliación do parking do Teatro e do novo convenio cos propietarios de unha parcela na rúa Iryda onde se crearán máis de cen de prazas de aparcamento.
Ademáis, comezouse a traballar para a aprobación dun documento de vital importancia para a eliminación das barreiras existentes nos espazos públicos, sexan edificios, rúas ou prazas, ou mesmo a nivel de servizos ou telecomunicacións. Será o vindeiro xoves cando se debata en sede de Comisión Informativa de Urbanismo un primeiro borrador dun Plan de Accesibilidade Universal Urbana no que en canto sexa posible será elevado a pleno para a súa aprobación e que pase a ser normativa de obrigado cumprimento para logar así unha Estrada accesible para todos/as, independentemente das dificultades de cada persoa ou do lugar onde viva ou transite.






































