O mércores día 16 de decembro, ás 21.00h, no Teatro Principal, o pianista e compositor estradense JAVIER OTERO presentará o seu cuarto proxecto discográfico.
Como todos sabedes, Javier leva anos alternando a docencia musical co seu traballo coma creador e intérprete musical, un labor no que colaborou cos mellores músicos do panorama nacional e internacional. Un labor de investigación, pioneiro na fusión de distintos estilos musicais, e na que da man de Yamaha integra o mundo da música na era da revolución tecnolóxica. 
Todo aquel que queira achegarse a este concerto de presentación poderá recoller un convite no departamento de Cultura a partir de mañá venres. Como xa sabedes, a capacidade do Teatro está reducida debido á situación sanitaria polo que serán moi poucas as entradas dispoñibles para este concerto.
Antes de escoitar todos os pormenores da presentación por boca do seu protagonista, quero animar aos veciños a que se acheguen o mércores 16 a arroupalo neste ilusionante proxecto ao que lle desexamos moita sorte.






































