Sen ter rematado aínda o ano cultural, pendente do festival infantil
que comeza no Teatro, e da presentación desta mañá
da Miscelánea Histórica e Cultural; o departamento de
Cultura presenta un dos eventos máis peculiares e agardados
da carteleira estradense.
Trátase da sétima edición do Festival de Cine de Terror PANIC, un
certame que botará a andar, se a situación sanitaria nolo permite, o
vindeiro 15 de xaneiro coas consabidas restricións de capacidade
nas salas.
Quizais a novidade máis salientable este ano é que, por razóns
obvias, non se programan actividades en exterior; un dos
apartados máis importantes deste festival.
Tamén obrigados polo toque de queda, nos vemos obrigados a
cambiar os horarios dos pases das películas no cine,
transladándoas ás mañás dos sábados. Se vos parece, podemos ir
facendo un percorrido polas distintas seccións do festival:
1-SECCIÓN CONCURSOS
Coma xa se fixo en anos anteriores, a presente edición conta cun
Concurso de fotos de terror e misterio convocado nunha dobre
modalidade: menores de 18 anos e maiores de 18 anos. Os
premios, que acadan os 150,00 euros, serán entregados nunha gala
o día 6 de febreiro.
Ese mesmo día, entregaremos tamén 300 euros á mellor
Curtametraxe de terror, un concurso que como agora vos
contará Pedro creo que este ano está a ser todo un éxito en canto a
número de participantes.
Tanto as fotos como as curtas teñen unha data máxima de entrega
que será o 31 de xaneiro, así que todo aquel que queira está a
tempo de participar nos concursos.
2-SECCIÓN PELÍCULAS
Como antes anticipaba, a proxección das películas debe pasarse
este ano para a mañá dos sábados para facer cumprimento do
toque de queda. Deste xeito, o tradicional maratón de terror dará
comezo o sábado día 16 ás 10.00 da mañá en Minicines Central.
Unha maratón que se prolongará ata cerca das 16.00 h e para a que
se despacharán unhas 70 invitacións que se poderán comezar a
recoller a partir do día 4 de xaneiro no departamento de Cultura do
Concello ou a partir do día 11 nos propios IES estradenses.
As películas continuarán a proxectarse os días 30 de xaneiro e 6 de
febreiro. A maiores, dentro do cartel do festival tamén se inclúe a
presentación dunha curta dun creador estradense da que Pedro vos
falará a continuación.
3-SECCIÓN OFF
Coma xa dixen antes, este ano non contaremos con actividades de
rúa, pero a cambio visitarán o Teatro Principal tres grandes figuras
do ámbito cinematográfico e literario.
O día 15 ás 21.00 h será o actor MORRIS, moi coñecido polo seu
traballo en series coma Néboa, Fariña ou Padre Casares o que se
achegue ao Teatro Principal para dar unha charla sobre cine. O día
22, será MANUEL MANQUIÑA quen traia a súa última obra ao
Teatro Principal e xa o 29 de xaneiro volveremos contar coa
presenza do escritor MANEL LOUREIRO para presentar o seu
libro de terror LA PUERTA, que leva meses figurando entre os
libros máis vendidos en España. Ao remate da charla de
presentación, terá lugar una sinatura de exemplares no propio
Teatro Principal.
Dicir que teamén para estes tres eventos poderanse recoller
convites a partir do día 4 de xaneiro no departamento de Cultura
do Concello. A entrada para estes tres eventos verase reducida a
uns 70 espectadores por mor das restricións sanitarias.
4-SECCIÓN EXPOSICIÓNS
Este ano, contaremos tamén cunha exposición prevista para os
días 15, 22 e 29 de xaneiro onde se poderán ver fotografías,
tráilers e material de terror sacado das distintas edicións do
festival. Sobre todo, das fotos e imaxes recollidas da Scape Room
do ano pasado no teatro e da noite das bestas en Sabucedo.
Todas as actividades do PANIC serán completamente gratuítas. Só
é necesario, por temas de control de, recoller un convite
previamente no departamento de Cultura.
Quero agradecer, antes de cederlle a palabra ao coorganizador do
festival, Pedro Pérez, a colaboración do servizo de trastornos
adictivos da Concellaría de Sanidade, a de Luis Rivadulla e
Minicines Central e a da Asociación de Comerciantes da Estrada.
Espero que este PANIC, que este ano 2020 foi o único evento que
chegou a celebrarse con normalidade antes da pandemia, sexa
tamén o preludio de que as actividades culturais comecen dapouco
a recuperar a ansiada normalidade.
PRESENTACIÓN PANIC 2020
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.







































