O Centro Xuvenil La Estación quixeron adiantarse á chegada dos Reis Magos


Os rapaces do Centro Xuvenil La Estación quixeron adiantarse á chegada dos Reis Magos á Estrada. E, nun contexto no que non haberá cabalgata na Estrada, onte ocuparon o seu lugar, facéndose cargo dun dos seus bos feitos habituais do Atacamos polo Nadal, que, nesta ocasión, tiña un triple aspecto. En primeiro lugar, cómpre salientar que, a través dun obradoiro de graffiti, o grupo xuvenil animou con murais a escola infantil municipal con sede en Figueiroa e tamén o pavillón Coto Ferreiro. O grafiteiro Enrique del Grao sentou as bases que posteriormente ocuparon os mozos estradenses, para darlle "o último brillo".
No viveiro pintaron árbores, follas e un raposo, semellante ao que xa lle deran en madeira pero as inclemencias meteorolóxicas estragáronse. Na fachada traseira do Coto Ferreiro, pintaron o seu nome. E na carballeira adxacente ao aparcadoiro da Avenida de América recolleron 19 grandes bolsas de lixo.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta