Panic estrea exposición en A Estrada

Amalia Goldar  agradece na rolda de prensa a presenza de Tono Arias e Pedro Pérez, directamente implicados na actividade que hoxe presentamos. É a primeira vez que o Panic organiza unha exposición, que é por outro lado, un modo de botar a ollada a atrás e facer memoria de todo o que se foi facendo ao longo destes 8 anos.

 

Pero antes de tratar polo miúdo esta exposición, temos que anunciarvos algo. Todos coñecedes as novas medidas de restrición impulsadas desde a Xunta de Galicia a partir deste venres. Unhas medidas que non prevén o peche dos teatros, pero si que nos levan, por responsabilidade social, a cancelar a maratón de cine de terror prevista para este vindeiro sábado en Minicines Central, así como as películas dos días 30 de xaneiro e 6 de febreiro.

 

Nas próximas semanas, unha vez que se reconduza esta nova situación de alerta sanitaria, intentaremos reprogramar esta actividade que como sabedes está dirixida ao alumnado dos IES estradenses.

 

As películas cancélanse polo de agora, pero os concursos de fotos e curtas, a exposición e os actos programados no teatro seguen adiante. Coa  capacidade da sala restrinxida a 50 persoas, e o protocolo de prevención habitual, a cultura segue. Ela fixo moito por nós durante a corentena, e nós debemos, mentres sexa posible, romper unha lanza por ela e polos moitos profesionais que viven dela.

 

Creo que quedan pouco máis de 10 entradas para a charla de Morris de mañá. Así que todo o que queira, poderá achegarse ao departamento de Cultura para recoller o seu convite. Recordarlle á xente que acuda con tempo ao Teatro para facilitar a entrada ordenada ao recinto. O evento adiantará en 10 minutos o seu comezo para que este remate antes das 10 da noite e a xente poida  recollerse antes do toque de queda.

 

Antes da charla de Morris, o propio actor acompañado polo concelleiro de Cultura e o autor das fotografías, Tono Arias, inaugurarán a exposición ás 20.30 h. Todos os que queiran visitala poderán facelo a partir das 20.00h. A exposición abrirá as súas portas tamén os venres 22 e 29 de xaneiro a partir das 8 da tarde. Xa se poden recoller, tamén no Concello, as entradas para os eventos de Manuel Manquiña e Manuel Loureiro dos venres 22 e 29 deste mes. A hora de comezo dos dous eventos adiantarase ás 20.30 h para que o público asistente dispoña de marxe suficiente para chegar á casa antes do toque de queda.

 

Nada máis. Desexar que este Panic que mañá empeza, sirva para olvidar, aínda que sexa por uns minutos, esta difícil situación que estamos a atravesar.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta