PRESENTACIÓN DO
ESPECTÁCULO MESTRE MA NON TROPPO

Supón unha grande satisfacción para min como concelleira deste concello, presentarvos a
estrea dun espectáculo con marcado selo estradense.
MESTRE MA NON TROPPO é a nova produción da
compañía Bandullo Azul, compañía formada por Fran
Campos no papel de actor e por Fran Ameixeiras no de
director do espectáculo. Dous actores cunha longa
traxectoria nas distintas propostas teatrais nacidas na vila
e espalladas por toda a xeografía galega.

O espectáculo está fixado para o vindeiro sábado ás seis e
media da tarde no Teatro Principal, un teatro que verá
reducido o número de butacas debido ás restricións
sanitarias; e que a bo seguro se encherá para saudar a
estrea o novo espectáculo desta compañía.

Todo aquel que queira facerse cunha entrada deberá
recollela no departamento de Cultura do Concello. O seu
custo é de 3,00 euros. É unha oportunidade inmellorable
para acudir en familia a gozar deste espectáculo familiar.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta