Este vindeiro sábado ás 12.30 h, a compañía de teatro infantil e familiar Galitoon Producións traerá ao Principal o seu espectáculo de monicreques e novo circo The Show Moscón, un divertido espectáculo para nenos maiores de 2 anos que foi seleccionado días atrás para participar na presente edición do prestixioso Festival infantil FETÉN.
O espectáculo, protagonizado por un simpático moscón recolle as peripecias dun marabilloso circo que presenta os seus números protagonizados por unha diva da canción, horribles magos e mentalistas ou increíbles bebés equilibristas. Unha nómina de divertidas personaxes que ten coma denominador común a sorpresa e o humor.
As entradas, cun prezo de 3,00€, poderán recollerse no departamento de Cultura do Concello a partir deste luns ata completar a capacidade da sala, restrinxida por mor da COVID a unhas 75 localidades.






































