A Estrada retoma as festas patronais tras un ano de transición pola pandemia.
A vila recuperou onte as súas tradicionais festas coa celebración do San Paio cun programa á altura doutros anos antes da chegada do COVID19, iso si, sen esquecer as medidas de seguridade.
A climatoloxía propiciou a asistencia de público as diversas actividades programadas que volveron encher de vida, luz e son as rúas da vila.
A música chegou da man de Musikenos, a charanga os Atrevidos, o Grupo de Acordeóns Os Lóstregos, a banda de gaitas de Barbude, Mamá Cabra, a banda Cultural de A Estrada, a Banda Militar da Brilat (que acompañou a procesión de realizou posteriormente un concerto) e pecharon a xornada a orquestra Os Satélites e Susana Seivane.
A procesión de San Paio percorreu de novo as rúas do pobo tras a misa, cantada pola Coral Polifónica estradense, na que decenas de mozos e mozas recibiron o sacramento da confirmación.
A nota de luz e cor chegou da man do club de bonsais de Pontevedra cunha fermosa exposición, tamén realizou a asociación xuvenil a súa festa XFest 2021 cun Retrogaming e realidade virtual e por suposto as atraccións volveron a Praza da Feira poñéndolle o broche de ouro as festas.
GALERÍA DE IMAXES:




































































