O PSOE local advirte de que o PP non executará os Fondos
Edusi que se ían destinar ao rural da Estrada. Luis López Bueno afirma que
López Campos leva dous anos sen executar un só euro dos fondos europeos
e que xa non queda tempo nin recursos para cumprir coa planificación nas
parroquias.
As únicas obras en marcha actualmente están financiadas pola Deputación,
ou son de iniciativa privada como a Residencia de Maiores ou proxecto de
Bogaris na avenida de Pontevedra. Mentres tanto o PP non foi capaz de
executar nin un só proxecto da Edusi nestes dous anos de mandato. A ese
respecto, Bueno considera que “é evidente que López Campos está xogando
co tempo. Os investimentos da Edusi vanse executar a partir de agora para
que o PP intente sacar rendemento electoral en 2023”, vaticina.
López Bueno deixa claro que “o PP está poñendo os cartos de todos ao
servizo dos seus propios intereses” e remarca que é “inadmisible” que os
fondos europeos para as parroquias “queden sen executar”. Para
comprobalo abonda con comparar a memoria da estratexia co que
efectivamente hai feito, “unicamente se executaron as actuacións para o
casco urbano, e nos vindeiros meses continuará esta tónica”.
En calquera caso, existen cuestións básicas que continúan presentando
deficiencias graves. É o caso do mantemento nas rúas do casco urbano.
“Temos unha vila que está sucia e o PP non fai nada por evitalo, iso é así”
sentencia López Bueno. “O mellor exemplo é o Salmón da Porta do Sol, hai
anos que non se limpa. E iso acontece en moitos puntos do casco urbano”,
cita.
Tamén valora negativamente que o PP prometera unha reorganización dos
fondos Edusi e que “non se saiba nada dese asunto máis dun ano despois”.
Entende que nesa reorganización todas as forzas políticas deben ter voz e
que “a proposta socialista está feita e pasa por centros de día no rural e
máis de 1,1 millóns de euros de investimento nas parroquias”.
A falta de sensibilidade do PP co rural contrasta coa firme aposta da
Deputación, demostrada cos máis de 4 millóns de euros que porá a
Deputación durante o presente mandato, e que son os únicos que se están
investindo no rural.
López Bueno observa que “é evidente que hai que executar obras na vila”
pero critica as prioridades do goberno local, “o primeiro son as súas grandes
______________________________________________________________________
Agrupación Socialista da Estrada
______________________________________________________________________
Prolongación da R/ Castelao 16, baixo
obras e refacer o que xa hai feito (Rúa Serafín Pazo, Calvo Sotelo…), e
despois están as necesidades reais dos veciños e veciñas”. Cita como
exemplo a Avenida de Santiago, que leva anos precisando melloras “sen
que ninguén recibira aos veciños ata hai uns meses”, pero ve problemas
semellantes en varias rúas do centro.
Reforma da Praza da Feira
López Bueno asegura que “a mala xestión do PP está provocando atrasos
nesta obra, que xa debería estar máis que comezada” e ante a
preocupación dos feirantes, ve necesario que o goberno explique “se o
mercado dos mércores se seguirá celebrando alí unha vez remate a obra”.
Sobre a reforma en si, opina que “se quedará bonita ou fea é para gustos”
pero ve “falta de ambición”, por exemplo en cuestións como os
aparcamentos subterráneos que prometeu López Campos unha e outra vez
e que agora son “leira-parkings en superficie”.
Fondos ReacPon
A Deputación de Pontevedra publicou recentemente un Plan de
Investimentos que podería traer para A Estrada en torno a 1 millón de
euros. López Bueno considera que o Concello carece dunha biblioteca de
proxectos e que a pesar de que solicitou información no Pleno, o PP non
quixo desvelar “que proxecto van a presentar para conseguir ese
financiamento”.
López Bueno tamén lamentou as negativas iniciais do PP a iniciar o trámite
para a desadscrición do vello centro médico, e que tardaran meses en
atender a proposta do Grupo Municipal Socialista. Para o líder da oposición
“sería perfectamente viable presentar un proxecto de reforma do edificio
aos fondos ReacPon, pero a falta de iniciativa do PP faino imposible”.
De todas as maneiras, considera “fundamental para A Estrada” que o
procedemento que se abriu “continúe o seu trámite” para que o Concello
poida ter cando menos a cesión das instalacións á espera de atopar
financiamento para a reforma: “Non podemos permitir que o vello centro de
saúde quede baleiro coma o INEM ou o Matadoiro”.
O PSOE ADVIRTE DE QUE OS FONDOS EDUSI NON CHEGARÁN ÁS PARROQUIAS E QUE O PP ANTEPÓN OS SEUS INTERESES DE PARTIDO ÁS NECESIDADES DOS VECIÑOS
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































