– A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo informa
que a venda ao público das entradas para asistir aos curros do sábado 28 de agosto
(18.00 horas) e o domingo 29 (12.00 horas) realizarase exclusivamente de xeito
anticipado a través da páxina web rapadasbestas.gal e non se abrirá ata que estea
ultimado o protocolo anti Covid-19 que se está a elaborar para “garantir o cumprimento
da normativa sanitaria e priorizar a saúde de todas as persoas implicadas”.
A data de apertura da venda on line anunciarase debidamente nas vindeiras semanas
a través das redes sociais e os medios de comunicación e o prezo das entradas será de
11 euros máis os gastos de xestión da plataforma de venda. Desde a asociación
saliéntase que «o aforo do curro será moi reducido» e anticípase que as restricións
sanitarias obrigarán tamén a “limitar notablemente” a acreditación de medios e
profesionais da comunicación.
Neste senso, avánzase que o prazo de acreditación tamén se dará a coñecer
proximamente nas redes sociais e advírtese que, como norma xeral e agás para casos
puntuais autorizados pola asociación, nesta edición non se permitirá aos profesionais
gráficos baixar ao curro para captar imaxes entre as bestas.
Rapa das Bestas de Sabucedo porá á venda na súa web as entradas para os dous curros tras ultimar o protocolo anti Covid-19
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.







































