CEIP do Foxo presentou onte a novena edición da súa iniciativa Bicos a moreas, que contribúe a fomentar a presenza do galego no ámbito empresarial e comercial. Faino co deseño de adhesivos decorativos para os paquetes do Nadal con debuxos e lemas creados polos nenos do centro. Este ano hai 115 distintos, un por neno. «Grazas por quererme», «Es un sol», «Apertas» ou «Quérote un mundo» son algunhas das mensaxes que poderán atoparse este Nadal nos paquetes dos comercios da Acoe e da ACE. Imprimíronse 15.000 adhesivos.
15.000 adhesivos para acompañarnos no nadal da man do CEIP O FOXO
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.














































