Proxecto talleres baile galego institutos A Estrada.
- Introducción.
Con este proxecto de baile tradicional galego o que se pretende non so é que os rapaces e rapazas, entre idades de trece a dezaseis anos, coñezan a cultura tradicional galega senón tamén a importancia que ten dentro da súa evolución tanto a nivel psicomotor como a nivel psicoevolutivo.
O enfoque que se pretende dar a este traballo e didáctico e pedagóxico.
- Metodoloxía.
A metodoloxía que utilizaremos, e partir sempre dos coñecementos previos que ten o alumnado para que todo aquelo que se vai ensinando teña un sentido e unha comprensión por parte do alumnado.
Coa aprendizaxe do baile tradicional o que fomentamos no alumnado é:
- Coñecemento corporal.
- Segmentación corporal.
- Coordinación e control postural
- Automatización de movementos.
- Coordinación oculo-espacial.
- Espacio auditivo.
Todo isto conseguirase a través dunha serie de pasos-estructuras ( un,dous, tres sen cruzar os pés, picados por diante e detrás, adiante-atrás……) que iremos traballando ao longo dos talleres.
O fin último é que o alumnado aprenda a crear os seus propios puntos e entenda o que está a facer co seu corpo.
Temos que partir da base que o baile tradicional galego é un baile que se baila en parella e en grupo polo tanto tamén se vai traballar o compañerismo, o respecto, a solidariedade, a convivencia… digamos que van ter que estar perfectamente compenetrados para poder facer os bailes e que uns dependen de outros para levalos a cabo.
- Obxectivos a traballar
– Coñecer o seu propio corpo.
- Escoitar o ritmo.
- Afianzar e traballar o equilibrio, automatización de movementos, creatividade.
- Traballar a lateralidade, equilibrio, control e coordinación corporal e oculo-espacial, espacio auditivo.
- Aprender a manexar os movementos dos pes.
- Comprender os movementos que se realizan.
– Coñecer e investigar sobre a cultura popular galega
- Contidos.
– Aprendemos un, dous, tres, sen cruzar e cruzado.( picado por diante e por detrás)
– Aprendemos salto, abaixo, arriba sen cruzar e cruzado por diante e atrás (adiante-atrás)
– Facemos os movementos cos brazos arriba.
– Bailamos en grupo.
– Aprendemos as diferentes estructuras dos bailes (fila, roda, fila movida nos espacio, peche de rodas, apertura de rodas)
– Creamos os nosos propios puntos, e baile.
– Coñecemos a cultura popular galega.
- Temporalización.
As sesións constarán aproximadamente dunha hora, que se desnvolverán ao longo de dous meses.
- Avaliación.
Levaráse a cabo a través da observación e pretenderase que o alumnado explique os movementos que vai aprendendo.







































