O BNG insta ao goberno a retirar das rúas as cabinas de acceso a internet

 

O BNG insta ao goberno do PP a retirar as cabinas de acceso a internet que hai dispersas polas rúas da vila. Segundo explicou a concelleira do BNG, Susana Camba, «estes aparellos non funcionan desde hai anos e agora mesmo son un estorbo para unhas rúas xa saturadas de todo tipo de elementos que interrompen o paso dos veciños e veciñas».

«As cabinas de A Estrada Dixital que non seu día instaláronse para que calquera veciño ou veciña puidese facer calquera consulta na rede, ademais de non funcionar», explica a concelleira nacionalista, «dan unha moi mal imaxe do noso concello, xa que están sucias, en algún caso rotas, e consideramos que cómpre quitalas das rúas».

Susana Camba explicou que non é a primeira vez que traslada esta petición ao goberno, «máis até día de hoxe non fixo nada». «Neste sentido», engade a concelleira, «a nosa representante na Fundación Cultural A Estrada, Clara Iglesias, trasladará ao padroado  esta petición na reunión do vindeiro luns».

Sinal de «ambulatorio» en sentido contrario

«Por outra parte», explica a concelleira do BNG, «tamén instamos ao goberno a quitar o sinal de «ambulatorio» situado á altura do número 1 da Avenida Benito Vigo». «Todo os veciños e veciñas saben onde está o novo centro de saúde», indica Susana Camba, «pero coido que é mellor retiralo para non desorientar ás persoas que non son da Estrada, xa que apunta en dirección contraria, e tamén pola imaxe de concello descoidado que traslada».

«Estás dúas cuestións», engade a concelleira do BNG, «son un claro exemplo da desidia con que o goberno municipal trata os asuntos do día a día do noso concello; o goberno municipal do PP está máis preocupado de obras faraónicas que non son máis que o mero despilfarro dos cartos públicos que das pequenas cousas que facilitan a vida das é dos estradenses.»

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta