
Este luns será o día. O proxecto de reforma de todo o alumeado público da zona rural de Estrada arrancará coas primeiras obras na parroquia de Ouzande. O Concello adxudicou á empresa Tecumi por 6,5 millóns de euros o cambio a LED dos 12.500 puntos de luz das parroquias estradenses e a renovación dos cadros eléctricos. Xa están asinadas as actas de replanteo e comeza a chegar o material, polo que xa está todo preparado para comezar a traballar sobre o terreo.
Co cambio a LED, o Concello da Estrada prevé aforrar un 70% no consumo eléctrico, o que dá marxe para acender algúns dos puntos de luz apagados entre 2011 e 2012, dentro dun plan de aforro enerxético que buscaba reducir o forte factura local. Ese plan de aforro que supuxo o apagón de varios centos de farolas custoulle bastantes críticas ao goberno. Non todos entendían esta necesidade como tal e algúns viron desigualdades nos criterios para decidir que puntos se desactivaban e cales seguían acendendo.
Agora, coa rebaixa do recibo da luz, o goberno local reconsiderará a iluminación dalgunhas das zonas que quedaran á escuridade. Segundo explicou o alcalde, José López, todos os puntos de luz existentes serán substituídos por outros de baixo consumo, tanto os acesos como os apagados. Despois, realizarase un estudo do mapa de iluminación municipal para decidir cal das farolas ata agora apagadas volverán acenderse. "Coa redución de potencia poderán activarse algúns puntos de luz, sobre todo nos cruces que comunican núcleos", avanza López. "Substituír todas as luces serán substituídas, independentemente de que estean acesas ou apagadas", aclara.
Algúns puntos de luz do rural volverán a encender
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.







































