O día 21 deste mes comezou a impartirse a actividade de arteterapia, actividade dirixida a persoas con discapacidade intelectual que organiza o Concello da Estrada durante este ano 2022. Esta actividade impartirase dende este mes de febreiro ata decembro os luns, mércores e venres en horario de 16.00 h a 19.00 h. Unha actividade que é totalmente de balde para os usuarios.
O taller desenvólvese nas instalacións de Galega das Artes, asociación encargada de desenvolver esta actividade, que consiste en facer diversos traballos de carácter artístico e educacional en moi diversas materias como lenzo, madeira, cristal, cerámica, teas etc. O que se busca é a integración e participación dos usuarios e a realización de traballos que favorezan a súa autonomía e a súa capacidade motora.
Na tarde de hoxe a concelleira Amalia Goldar visitou as intalacións e os seus usuarios.







































