LÓPEZ BUENO CONSIDERA “POUCO COHERENTE” A PRESENZA DE
MEMBROS DO PP LOCAL NA VISITA DA CONSELLEIRA DE POLÍTICA
SOCIAL

Luis López Bueno tachou como “pouco coherente” a
presenza de López Campos e Amalia Goldar na visita que fixo a Conselleira
de Política Social ao Concello da Estrada o pasado mércores. Para o
socialista, que membros do PP local acompañaran á Conselleira é “pouco
coherente” porque “son os mesmos concelleiros que votan en contra das
iniciativas para traer novos servizos sociais ao Concello”.
Bueno destacou que hai escasas tres semanas o PP votou en contra de
solicitarlle á Consellería de Política Social a posta en marcha dun Punto de
Encontro Familiar na Estrada, proposta que partía do Grupo Municipal
Socialista “como todas as propostas para a área de Benestar Social”.
Nese sentido, o líder da oposición lamentou que o PP intente apropiarse do
traballo que está desenvolvendo a iniciativa privada na Estrada a través de
empresas e asociacións. López Bueno entende a visita “en clave electoral”
porque nos últimos anos “non se aumentou o apoio institucional e o
económico subiu o estritamente necesario” ás asociacións e empresas que
xestionan os servizos sociais do Concello. Destacou que os servizos de
Espazo Concilia, Atención Temperá, Escola Infantil, SAF e Centro de día “fan
un traballo impresionante cos escasos recursos que reciben do Concello e da
Xunta”, e opina que “se máis tiveran, máis traballo farían”.
Tamén considera que as visitas do pasado mércores estaban destinadas a
“apropiarse” do traballo que realiza a iniciativa privada no ámbito dos
servizos sociais, e recorda que esa iniciativa privada “é a que está asumindo
a xestión e a prestación dos Servizos Sociais no lugar do Concello e a
Concelleira de Benestar Social”.
López Bueno tamén lamentou que o alcalde “claudicara” ante a Xunta de
Galicia a propósito dunha nova residencia pública na Estrada. O líder
socialista esixirá no vindeiro pleno que o PP “inicie as xestións para
conseguila” e deixe de ser “cómplice” do modelo privatizador da Xunta. O
socialista apuntou a que “a residencia pública actual quedou moi escasa de
prazas, a nova residencia privada estará chea en poucas semanas, e A
Estrada merece máis prazas en residencias públicas”.
Considera que a posición da Estrada como cabeceira de comarca e preto de
Compostela, a demanda actual e o aumento que virá nos vindeiros anos fan
posible que coexistan dúas residencias públicas e unha privada que terían
cubertas todas as prazas. López Bueno asegurou que “está no tellado do PP.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta