O RECINTO FEIRAL ESTRADENSE INAUGURA O SEU CALENDARIO
FEIRAL COAS FEIRAS DE OPORTUNIDADES E ANTIGÜIDADES E
ARTESANÍA.

• O recinte abrirá as súas portas o venres dende as dezaseis horas.
• O comercio local, aporta á Feira de Oportunidades un total de vinte
firmas expositoras, cumplimentadas con outras sete mais de fora da
Estrada e vintecinco firmas de anticuarios e artesanos.
• A mostra contará con actuacións de dous magos ilusionistas, parque
infantil con hinchables e sorteos de cinco vales de compra e tres
ceas para dúas persoas e ceas.

O vindeiro venres ás catro da tarde, o recinto feiral estradense, abrirá
as súas portas a todos os visitantes que desexen achegarse a contemplar as
novidades que presentan a 10ª Feira de Oportunidades do Comercio e a
62ª Feira de Antigüidades e Artesanía.
A Feira de Oportunidades do Comercio conta cun total de vintesete
firmas. O comercio local, aporta un total de vinte firmas e as seete restantes
son procedentes de concellos limítrofes. Neste Certame atópanse
representados os sectores descanso, tapicería, artesanía, textil, calzado,
óptica, papelería, xoguetería, automoción, etc… O comercio local e
unha edición máis respaldou a mostra satisfactoriamente.
O certame conta cun programa de actividades para as xornadas do
sábado e do domingo. O sábado terá lugar unha actuación artística do mago
ilusionista Marco que terá lugar as dezaoito horas no pavillón tres. O domingo
á mesma hora, actuará no mesmo pavillón o mago ilusionista Javier Muro.
Estas actividades estan cofinanciadas pola Excma. Deputación Provincial de
Pontevedra, a traverso do programa Pontegal.
O sábado ao peche do recinto feiral, terá lugar o sorteo de cinco vales
de compra por importe de trinta euros e o domingo, sortearemos por xentileza
do restaurador local “O Asador de Leo”, un total de tres ceas para dúas
O recinto feiral contará cun parque infantíl con hinchables
aos mais cativos. O horario de funcionamento deste parque será o seguinte:
venres e sábado de dezasete a vinte horas e domingo de doce a catorce
horas e de dezasete a vinte horas.
O recinto feiral permanecerá aberto en horario ininterrumpido
vinte horas, agás o venres que soio abriremos de dezaseis a vinte horas. A
entrada de acceso ao recinto será válida para os tres días que dura o certame
expositivo e permitirá entrar nos diferentes sorteos de vales de compra e
ceas.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta