A Concellaría de Emprego asume tarefas da
Fundación Cultural e reforza os seus servizos

O concelleiro de Emprego, Óscar Durán, anuncia que o
seu departamento asumirá temporalmente os servizos en materia de emprego que se
viñan prestando ata agora a través da Fundación Cultural, agás a xestión do Plan
Integrado de Emprego (PIE) ou os cursos de Accións Formativas para Persoas
Desempregadas (AFD) convocados pola Xunta de Galicia.Tras poñer de manifesto que “aínda que as administracións locais non contan con
competencias directas en materia de emprego”, o edil salientou que o obxectivo do
goberno local é “garantir a prestación duns servicios que son fundamentais para
dinamizar o mercado laboral, e máis na actual época de inestabilidade e crise, e tratar de
reforzalos apostando pola presencialidade”.
Durán precisou que no Departamento de Emprego a veciñanza pódese beneficiar de
servizos como asesoramento para a elaboración do curriculum vitae, orientación laboral,
preparación de entrevistas profesionais, inscrición de solicitudes de traballo en portais
de emprego ou apoio na tramitación de subvencións.
Aquelas persoas que o precisen poden acudir ao Departamento de Emprego en horario
de 9.00 a 14.30 horas, sen necesidade de cita previa, ou tamén chamando ao teléfono
986 777 740. Ademáis, a partir de agora, solicitando cita previa a cidadanía poderá recibir
tamén orientación en materia de emprego en horario de tarde.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta