O Concello da Estrada inicia a mellora
do alumeado público na rúa Serafín Pazo

O Concello da Estrada comezou esta semana a executar
os traballos de mellora do alumeado público na rúa Serafín Pazo, no tramo entre a
Avenida Benito Vigo e a Praza de Galicia.
Esta actuación, enmarcada no Plan Concellos 2021 e que conta cun orzamento de 39.000
euros, busca mellorar a iluminación da rúa adecuándoa á súa recente peonalización. Para
iso, aproveitaranse as estruturas das actuais luminarias de deseño e reforzarase o
alumeado na parte central da rúa cun sistema de luminarias colgadas dunha catenaria.
Os traballos rematarán coa colocación de novo mobiliario urbano -cinco bancos de
deseño e cinco papeleiras- que axudará a completar a humanización da rúa co obxectivo
de favorecer a súa dinamización.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta