A Xunta de Goberno Local do Concello da Estrada aprobará
o vindeiro luns o acordo de convocatoria das axudas municipais para incentivar e
fomentar a creación de empresas neste 2022, cun importe total de 30.000 euros.
Estas subvencións outorgarán a cada beneficiario/a ata 2.000 euros e, segundo as bases,
poderán optar a elas todas as persoas que puxeran en marcha un negocio na Estrada, con
independencia da súa forma xurídica, entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de decembro
dese mesmo ano. A maiores, deberán xustificar ter investidos como mínimo 2.000 euros
ata o momento no que soliciten a subvención.
Unha vez aprobadas, as bases da convocatoria serán publicadas no Boletín Oficial da
Provincia (BOP) e dende ese momento as persoas interesadas terán dez días hábiles para
formalizar as súassolicitudes. Aqueles/as que precisen axuda coa realización dos trámites
poderán acudir ao Departamento de Emprego do Concello en horario de 9.00 a 14.30.
Con posterioridade, estudaranse as solicitudes e elaborarase unha listaxe ordeada coa
puntuación obtida por cada empresa solicitante de acordo cun baremo previamente
establecido. Co obxectivo de favorecer a creación de actividade empresarial no municipio
por parte dos sectores con máis dificultades á hora de incorporarse ao mercado laboral,
obterán unha maior puntuación aquelas empresas rexentadas por persoas maiores de 45
anos ou menores de 30, por mulleres ou por parados de longa duración. Na anterior
convocatoria beneficiáronse destas axudas un total de 40 empresas e autónomos/as
estradenses
O Concello da Estrada adicará 30.000 euros a
axudas para incentivar a creación de empresas
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































