López anuncia que as obras para levar a traída de
auga a Tabeirós e Nigoi comezarán a finais de maio

O alcalde da Estrada, José López, avanzou esta mañá que
as obras para conectar as parroquias de Tabeirós e Nigoi á rede municipal de augas
iniciaranse entre finais de maio e comezos de xuño, despois de manter no Concello a
última reunión cos responsables de Augas de Galicia e da empresa que executará os
traballos, Petrolam Infraestructuras S.L.
O rexidor local destacou que se trata dunha infraestrutura “moi desexada polos veciños
e veciñas”, na que o Concello leva traballando “durante cinco anos” para solucionar os
problemas de abastecemento da veciñanza durante as épocas de seca. A conexión á
traída municipal suporá a posiblidade de abastecer a máis de 400 vivendas que xa
expresaron por escrito a súa vontade de formar parte dela, e terá capacidade para
albergar 150 vivendas máis que se poderán conectar no futuro.
Os traballos, cun orzamento de 800.000 euros, consistirán na creación dunha rede de
abastecemento de auga conectada á traída do río Umia, dende onde se ramificará ao
longo de 12 km de tubaxes distribuidas en 24 ramais para dar servizo a cada un dos
fogares das parroquias de Tabeirós e Nigoi. O alcalde sinalou que o prazo de execución
das obras é de 10 meses, pero a intención é “que estean finalizadas a comezos do 2023”,
e precisou que coa súa posta en marcha “será a infraestrutura de augas máis importante
no rural”.
Unha vez finalice a instalación da tubaxe principal, os/as veciños/as que desexen
beneficiarse da traída terán que construír a conexión dende a rede pública ata os seus
fogares, e deberán instalar obrigatoriamente unha chave de paso e mais un contador.
Durante a reunión celebrada esta mañá, acordaron fixar un prezo unitario que inclúa a
realización destes traballos para informar á veciñanza do custo que terá que asumir.
Contacto: Santiago Cacheiro | santi.cacheiro@somoswecom.com | 698 19 63 10
O alcalde estradense avanzou que se reunirá cos/as veciños/as de ambas parroquias
antes do comezo das obras para explicarlles os detalles do proxecto, o custo de
conectarse á rede de subministro e mais os prazos nos que se desenvolverán os traballos.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta