As piscinas municipais e a praia fluvial de Liñares
abrirán ao público o vindeiro 15 de xuño

A concellaría de Deportes anunciou esta mañá que o
Concello da Estrada abrirá ao público as piscinas municipais e a praia fluvial de Liñares o
vindeiro 15 de xuño.
Ademais, como resposta á crecente demanda da praia fluvial para a realización de
eventos, este espazo poderá empregarse antes da súa apertura ao público, só durante os
días 4, 5, 11 e 12 de xuño, e únicamente para levar a cabo celebracións. Durante estos
días estará prohibido o baño e aqueles/as interesados/as deberán facer previamente a
solicitude da praia cubrindo un formulario de xeito presencial no rexistro do Concello ou
a través da páxina web municipal.
A apertura da praia fluvial de Liñares coincidirá cos traballos de acondicionamento que
están a levar a cabo os/as alumnos/as do Obradoiro de Emprego da Estrada, que se
prolongarán ata o mes de agosto. A pesares disto, o avance das obras permitirá que a
zona de baño e a de tránsito estean listas para o disfrute da veciñanza.
Ambas instalacións estarán dispoñibles para o baño ata o 15 de setembro. No caso da
praia, a entrada será gratuita e o seu horario será de luns a venres de 15.00 a 21.00 horas
e os sábados e domingos de 11.00 a 21.00 horas. No caso das piscinas municipais, a
entrada terá un prezo de 2,26 euros (1,08 euros para os/as menores de 14 anos), haberá
bonos mensuais por 22,32 euros (14,88 euros para os/as menores de 14), e estarán
abertas de martes a venres, de 15.00 a 21.00 horas, e sábados e domingos de 11.00 a
21.00 horas.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta