O Concello da Estrada remata as obras de mellora
no Teatro Principal logo de investir 45.000 euros

O Concello da Estrada vén de finalizar as obras de
mellora no Teatro Principal, cun investimento de 45.000 euros procedentes do Plan
Concellos da Deputación de Pontevedra.
Os traballos, adxudicados á firma Tecesa Acústica Visual S.L., consistiron na
modernización do equipamento de son e iluminación do Teatro Principal, así como na
construción dun vestíbulo previo á zona de butacas.
Entre as actuacións que se levaron a cabo atópanse as seguintes: a instalación dunha
nova consola de mesturas e unha consola de control de luces; a colocación de dous
altavoces; a instalación de 14 novos focos; un novo elevador para levar a cabo traballos
de iluminación do escenario; e a construción dun peche de madeira de carballo para
dotar ao espazo dunha cámara escura anterior á zona de butacas.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.