O Concello adicará 75.000 euros a renovar a
ambulancia municipal do seu Servizo de Emerxencias

2. O alcalde da Estrada, José López, anunciou esta mañá
que o Concello ten previsto adicar 75.000 euros á substitución da actual ambulancia
municipal do Servizo de Emerxencias da Estrada por outra nova.
“A Estrada é un dos poucos municipios de Galicia que dispón dunha segunda ambulancia,
financiada completamente polo Concello, que axuda a salvar vidas reducindo
significativamente o tempo de resposta e chegando a unha maior cantidade de xente”,
explicou o alcalde, e engadiu que “o compromiso do goberno local é seguir mantendo un
servizo básico e fundamental para a veciñanza”.
Este segundo vehículo enmárcase dentro do convenio de colaboración en vigor entre o
Concello e o 061, que garante a asistencia sanitaria a través da ambulancia municipal
cando a do 061 está ocupada. Segundo os datos do Servizo de Emerxencias da Estrada, a
ambulancia municipal -mercada en decembro do 2013- realizou un total de 1.278
intervencións durante o 2021.
A compra da nova ambulancia sairá a licitación nas vindeiras semanas, cun orzamento de
75.000 euros divididos en dous lotes: o primeiro deles adicarase a mercar a furgoneta e
o segundo incluirá o seu acondicionamento para convertela nunha ambulancia. Unha vez
licitados ambos lotes, o novo vehículo deberá estar operativo antes do mes de agosto do
vindeiro ano.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.