2. As obras de pavimentación dunha decena de vías do
casco urbano, adxudicadas á empresa Construcciones Obras y Viales S.A (COVSA) por un
importe de 218.641,36 euros, deron comezo esta mañá no aparcadoiro municipal da rúa
Serafín Pazo, situado a carón do Teatro Principal da Estrada.
Durante a mañá, os operarios traballaron no acondicionamento dun novo acceso ao
aparcadoiro pegada á entrada do Teatro Principal, co obxectivo de que permita instalar
os detectores de vehículos grazas aos que o sistema “Smart Parking” ofrecerá datos en
tempo real sobre as prazas dispoñibles nas zonas de aparcamento municipais e, ao
mesmo tempo, proporcione maior seguridade aos peóns ao aumentar as súas
dimensións.
Nas vindeiras xornadas, as actuacións continuarán coa mellora do firme das seguintes
vías do casco urbano estradense: 3ª Travesía de América, Rúa Forcarei, Rúa Cerdedo,
Avenida de Santiago, Rúa Serafín Pazo, Rúa Justo Martínez, Rúa 36, Rúa Matadoiro e Rúa
Marqués de la Vega de Armijo, cun prazo de execución de dous meses.
A Estrada inicia o asfaltado dunha decena de viais
do casco urbano por valor de 218.000 euros
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































