O Concello da Estrada activou hoxe a campaña de fomento do empadroamento “Contigo somos máis e mellores”

 

 

 

O Concello da Estrada activou hoxe a campaña de fomento do empadroamento “Contigo somos máis e mellores” co obxectivo de convencer a potenciais novos residentes das vantaxes de empadroarse na Estrada e concienciar á veciñanza das consecuencias negativas que tería para o municipio a perda da categoría de concello de máis de 20.000 habitantes.

Algunhas destas consecuencias serían a perda de autonomía municipal, a imposibilidade de optar a determinados fondos europeos, a baixada das aportacións económicas doutras administracións e a posible redución e merma de servizos públicos.

 O alcalde, José López Campos, explica que “os destinatarios prioritarios desta campaña son aquelas persoas que residen ou traballan na Estrada, pero que por diferentes motivos aínda non están empadroadas. A todas elas convidámolas a pasar desde esta semana polo concello para empadroarse”.

 A campaña desenvolverase durante un mes e incluirá a colocación de carteis informativos e vallas publicitarias, anuncios nos medios de comunicación, recursos audiovisuais e mais o envío de cartas explicativas a todos os fogares do municipio.
#Contigosomosmáisemellores

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.