Sábado día 18 de febreiro, entre as 11.30h e 13.30h, terá lugar a actividade literaria ROTEIRO POLO BERRES DOS VALLADARES, unha actividade organizada polo departamento de Cultura do Concello na que colabora o programa de Radio Estrada «O RECUNCHO DA LINGUA» ademais de Pilar Bernárdez en calidade de presentadora e os actores Chelo do Rejo, Toño Pena e Gonzalo Valcárcel, dando vida a Avelina, Marcial Valladares e Manuel García Barros. O roteiro consta dos seguintes apartados:
11.30h Recepción na igrexa parroquial de Berres
-Actuación da Coral Polifónica de Berres
-Presentación a cargo de Pilar Bernárdez (O Recuncho da Lingua)
-Recital de Isabel Rey Sanmartín
12.00h Ofrenda floral aos Valladares no cemiterio parroquial
-Recitado a cargo dos nenos Laura Fernández e Teo Cabaleiro
12.15h Recepción en Vilancosta
-Saúda a cargo de Avelina e Marcial Valladares
-Conto de Avelina teatralizado por Toño Pena
12.45h Saída cara ao Areal
13.00h Praia fluvial do Areal
-Recitacións de Manuel García Barros, Avelina e Marcial Valladares
-Actuación do trío formado por Pablo Bernárdez, Cibrán Seijo e Rubén Servide.
13.45h Regreso en autobús á praza do Concello
Serán 30 prazas as que se habilitarán para poder asistir a este roteiro. Todas as persoas interesadas deberán anotarse no Departamento de Cultura do Concello da Estrada a partir deste mércores día 8. A actividade será de balde.