AXUDAS MUNICIPIAS Á CREACIÓN DE EMPRESAS 2023

O Concello da Estrada aprobou este pasado luns en Xunta de Goberno Local a convocatoria de
axudas municipais á creación de empresas 2023.
Para este ano destinanse un total de 30.000 euros.
Poden acollerse ás mesmas todas aquelas persoas; empresariado individual e as pequenas e
medianas empresas (pemes), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa
actividade empresarial entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022 (enténdese por inicio da
actividade a alta no imposto de actividades económicas -IAE-).
Como requisito xeral a empresa/autónomo terá que ter o seu domicilio fiscal e social na Estrada.
As axudas teñen un alcance de ata 2.000 euros por solicitude.
Este ano, as bases foron modificadas para fomentar o empadroamento na Estrada. Así,
puntuarase con tres puntos a cada persoa tanto emprendedora como empregada que se
empadroen na Estrada. Cabe destacar que de media o valor do punto acostuma a quedar fixado
nuns 80/90 euros, estariamos falando de 240 euros de media máis por persoa empadroada, na
concesión da subvención.
Como cada ano, o departamento de promoción económica tentará axilizar a resolución das mesmas
para que as persoas solicitantes reciban a axuda canto antes.
Segundo previsións, estimamos que mañá venres, o BOP publique a convocatoria. Unha vez
publicadas as mesmas, as persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentar
as solicitudes.
Se algunha persoa ten dúbidas ou precisa axuda para a tramitación da subvención, pode dirixirse ao
departamento de emprego municipal sen necesidade de cita previa ou chamando ao teléfono 986
677 740.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.