AMICOS CLAUSURA O CURSO DE “SERVIZO DE CÁTERING” NO CONCELLO DA ESTRADA  

  • Os dez alumnos que realizaron a acción formativa recibiron un diploma en  recoñecemento do seu esforzo.  

  

  • A formación iniciouse o 27 de febrero e dirixiuse a persoas desempregadas con  discapacidade ou en situación de risco de exclusión social.  

 

Amicos clausurou hoxe o curso “Servizo de Cátering”,  pertencente ao seu programa “Más Empleo” que desenvolve coa Fundación “La Caixa” e o  Fondo Social Europeo, a formación impartiuse no viveiro de Empresas da Estrada e contou coa  colaboración de Valenciaga Cátering e o Concello da Estrada.  

  

Os dez alumnos participantes recibiron un diploma recoñecendo o seu esforzo. A formación,  dirixida a persoas desempregadas con discapacidade ou en risco de exclusión social, tivo unha  duración de 40 horas na modalidade presencial.  

O peche acudiu José López Campos, alcalde da Estrada, quen afirmou que “para o concello foi  un pracer ceder espazos para contribuír á formación dos que máis o precisan”,con isto aproveito  a ocasión para felicitar ás persoas que completaron a formación, e está convencido que con  este tipo de cursos, que teñen unha elevada demanda, favorécese a posibilidade de inserción  no mundo laboral.  

Tamén estivo presente Óscar Dúran, Concelleiro de emprego da Estrada, “desde o consistorio  atopámonos á disposición das persoas máis vulnerables para o que necesiten” e agradeceu á  Asociación Amicos a súa aposta e compromiso co Concello.  

Entre os asistentes estivo Pablo Penide, orientador laboral de Amicos nas comarcas de Tabeirós  e Deza, que coordinou o desenvolvemento da formación durante estes días. Penide quixo  agradecer ó alumnado o seu interés e constancia ao longo de todo o curso. Asemade, dedicou  unha palabras de agradecemento ao Concello de A Estrada e o grupo Valenciaga Catering.  

  

A formación desenvolveuse grazas ao apoio da empresa local Valenciaga Cátering, que no ultimo  ano foi galardoada co premio Xove Empresarix Pontevedra 2022, outorgado pola Asociación de  Jovenes Empresarios (AJE) de Pontevedra. O seu xerente, Óscar Rivas, quen estivo presente  neste acto, animou aos participantes a perder o medo e iniciarse no mundo da hostalería, xa  que as condicións do sector evolucionaron e é unha moi boa opción de emprego.  

  

Doutra banda, Miguel Beiro, responsable da área de Alianzas e Emprego de Amicos quixo dar as  grazas a todos os participantes, recoñecendo o esforzo realizado e animándoos a ter unha boa  actitude de cara o mundo laboral. 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.