O Programa Enrédate, de ACADAR,chega á Estrada o vindeiro luns

 O proxecto busca dar atención personalizada e de balde a mulleres con
discapacidade, e desenvolverase os luns e mércores de 10.00 a 13.00
horas ata o 24 de maio.

O programa ‘Enrédate’, promovido pola
Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR), coa
colaboración do Concello da Estrada dará comezo na Estrada o vindeiro luns,
17 de abril.
A iniciativa, que busca prestar unha atención personalizada e especializada de
balde a mulleres con discapacidade, desenvolverase os luns e mércores de
10.00 a 13.00 horas ata o 24 de maio.
A programación irá encamiñada a traballar a autoestima e autoconcepto,
habilidades de comunicación, recursos para persoas con discapacidade, ou a
igualdade de xénero, entre outros aspectos. Non obstante, en función das súas
necesidades e intereses as participantes tamén poderán propoñer outras
temáticas a tratar.
As persoas que precisen máis información poden contactar co CIM da Estrada,
no 986 590 151 ou en cim@aestrada.gal, ou con ACADAR, ben no 674 073
092, ou no correo info@acadar.org.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.