O festival 6Coreógrafas regresa o 29de abril ao Concello da Estrada

 Obradoiros e teatro serán os protagonistas da terceira edición dun
evento que porá en valor a danza e as artes escénicas.
 Hoxe a Alameda acolleu a presentación do espectáculo O Salón dos
Pasos Perdidos, de Paula Quintas Cía, en primicia para o alumnado
estradense

O Teatro Principal da Estrada acolleu esta
mañá a presentación da terceira edición de ‘6Coreógrafas’, o Festival da
Estrada de Danzas e Artes do Movemento, unha cita de referencia levada a
cabo co apoio da Xunta de Galicia.
No acto de presentación participou o concelleiro de Cultura Juan Constenla
acompañado pola artista, Paula Quintas, o director da AGADIC, Jacobo Sutil e
a coordinadora de danza e música da AGADIC, Pilar Portela.
Na súa intervención, o responsable de Cultura, sinalou “a importancia de seguir
facendo da Estrada un ano máis un punto neurálxico para que a danza e as
artes escénicas poidan agromar, reivindicando a gran diversidade cultural do
noso municipio”.
A programación das actividades, desvelada no día de hoxe, inclúe dous
obradoiros para o alumnado da Escola Municipal de Artes Escénicas da
Estrada, ás 10.00 e ás 11.00 horas.
Pola súa parte, o Teatro Principal acollerá desde as 13.00 horas a
representación de Corpos de Abismo, a cargo de Duelirium, mentres que a
Alameda Municipal será o escenario, ás 19.30 horas, de Onde pousa a
humidade, de Marcia Vázquez.
O espectáculo Tabú, de Colectivo Globo porá o punto e final á xornada desde
as 20.00 horas no Teatro Principal.
Ademais, o estudantado estradense puido gozar este mediodía en primicia do
espectáculo O Salón dos Pasos Perdidos, da artista ourensá Paula Quintas,
antes da súa estrea no Festival Cervandantes de Alcalá de Henares no vindeiro
mes de maio.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.