A cita solidaria constará dun percorrido de 12 quilómetros e terá lugar a
partir das 10.00 horas do vindeiro 7 de maio.
O prezo de cada inscrición será de 5 euros, aínda que as persoas que o
desexen poderán aportar unha contía maior, que irá destinada na súa
totalidade a APACAF.
A parroquia de Couso será escenario o
vindeiro 7 de maio dunha andaina solidaria a favor da Asociación de Pais de
Persoas con Trastorno do Espectro Autista de Centros de Apoio Familiar
(APACAF).
A concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar, participou esta mañá na
presentación do evento acompañada por membros da Asociación de Veciños O
Rueiro, entidade organizadora, e por unha delegación de APACAF.
A xornada, dará comezo a partir das 10.00 horas da mañá coa saída desde a
casa escola. A continuación, o itinerario comprenderá un percorrido circular de
12 quilómetros a través dos seguintes puntos:
– Igrexa de Couso
– Ponte colgante
– Ladeira do castro de Couso
– Muíños de Couso
– A praíña e a ponte medieval
– Desembocadura do río Vea
– Ruta dos muíños.
Ao remate da andaina haberá avituallamento e pinchos habilitados na cantina
aberta.
O prezo de cada inscrición será de 5 euros, aínda que as persoas que así o
desexen poderán facer aportacións maiores. Do mesmo xeito, está habilitada
unha fila 0 para que todas as persoas que queiran poidan colaborar a través da
conta ES63 2080 0318 1130 4001 0804 ou a través de Bizum ao 660 007 568.
O prazo para anotarse manterase en vigor ata media hora antes do inicio da
actividade, polo que as persoas que desexen participar poderán facelo nese
prazo a través de asociacionorueiro@gmail.com ou no 660 007 568.







































